jueves, 29 de diciembre de 2016

Costumes de Nadal: España, Italia, Reino Unido e Irlanda.

Ao longo destes días irei subindo os traballos de investigación acerca dos "Costumes do Nadal no mundo", que mellor momento para compartir esta información tan interesante?

Pulsa sobre o mapa para ver en grande os países mencionados neste post.


ESPAÑA: Comezamos cun costume moi arraigado no noso país, aínda que se atopa extendido polo mundo: poñer a árbore de Nadal. Alba Bra amósanos o seu, con tren e todo!, mediante fotos e vídeos. Canto traballiño hai aquí!




video


video


Daniel atopou esta impresionante foto dunha decoración de Nadal con moitas luces:


Guillermo tamén nos recorda o costume de poñer o Belén e cantar panxoliñas co acompañamento de pandeiretas e zambombas:




ESPAÑA: CATALUÑA: Mateo Díez amósanos o costume do Tió de Nadal, hai que alimentalo ao tempo que cantamos unha canción popular (que non fun quen de compartir con vós, podedes buscala en internet), para que en Noiteboa nos traia agasallos.







ITALIA: Alba Benítez e Noa Vázquez fálannos da Vella Befana ou a Meiga Befana. A noite do 5 de xaneiro chega en vasoira ás casas dos nenos italianos. Se estes foron bos, lévalles xoguetes e doces pero se se portaron mal, regálalles carbón, cebolas ou allos.




Martín e Noa López coméntannos que mentras que en España, en Noitevella tomamos uvas, os italianos comen lentellas para entrar con bo pé no seguinte ano.



REINO UNIDOCarla cóntanos que en Reino Unido reciben postais de Nadal, que chaman Christmas Card, e que colgan dun cordel nun lugar importante ou na cheminea. Tamén nos fala acerca dos Christmas Crackers (podemos ver un na seguinte foto). Sentados á mesa collen entre dous comensais un cracker polo extremo, formando deste xeito, unha cadea de brazos, tiran del e un deles queda co agasallo que hai no seu interior.





IRLANDAAsier cóntanos que en Irlanda danse un baño súper, súperfrío. Brrr...


  • Las imágenes empleadas aquí han sido extraídas por mis alumnos/as de diversas páginas y blogs, en caso de encontrarse alguna de ellas protegida por derechos de autor será eliminada en cuanto me sea comunicado.

Gracias a todos vós e as vosas familias por amosarnos todo isto!

domingo, 18 de diciembre de 2016

A casa torcida

Sabela Brito fálanos acerca da coñecida "casa torcida" que hai en Polonia. Gustou moitísimo!




Ademais do traballo da vivenda, Sabela fixo un conto que dende aquí vos amoso. Xa estades creando!









  • Las imágenes empleadas aquí han sido extraídas por mis alumnos/as de diversas páginas y blogs, en caso de encontrarse alguna de ellas protegida por derechos de autor será eliminada en cuanto me sea comunicado.

Gracias a Sabela e a súa familia por amosarnos esta vivenda.

martes, 13 de diciembre de 2016

Casas na terra

Mateo Díez expuso acerca das casas na terra que hai en EEUU e en Islandia. Aproveitan as formas xeolóxicas da terra. Curiosísimas!


Así son as casas na terra:






  • Las imágenes empleadas aquí han sido extraídas por mis alumnos/as de diversas páginas y blogs, en caso de encontrarse alguna de ellas protegida por derechos de autor será eliminada en cuanto me sea comunicado.

Gracias a Mateo e a súa familia por amosarnos estas casas tan interesantes.



domingo, 11 de diciembre de 2016

A casa cova

Mateo Berdeal falounos das casas cova que hai en Suíza. Como están construídas a modo de covas, nelas estase fresco no verán e quentiño no inverno.


Este é o aspecto da casa cova:



  • Las imágenes empleadas aquí han sido extraídas por mis alumnos/as de diversas páginas y blogs, en caso de encontrarse alguna de ellas protegida por derechos de autor será eliminada en cuanto me sea comunicado.

Gracias a Mateo e a súa familia por ensinarnos esta vivenda.

viernes, 2 de diciembre de 2016

A vivenda con forma de campo de fútbol

Eiker expuxo hoxe acerca dunha casa que idearon para Messi coa forma dun campo de fútbol. Trátase dunha vivenda prefabricada e ademais desarmable, coma un Lego! A continuación as sorprendentes imaxes:





  • Las imágenes empleadas aquí han sido extraídas por mis alumnos/as de diversas páginas y blogs, en caso de encontrarse alguna de ellas protegida por derechos de autor será eliminada en cuanto me sea comunicado.

Gracias a Eiker e a súa familia por ensinarnos esta curiosidade.

jueves, 1 de diciembre de 2016

A iurta

Candela, Martín e Sabela Vázquez faláronnos da iurta e descubrimos que non se empregan os mesmos materiais para a súa construción que anos atrás e que estas vivendas teñen forma circular. Falamos do que supón o feito de ser nómade. Recordamos cal é o continente asiático e que nel está Mongolia, concretamente entre Rusia e China, o que explica a neve e os rasgos físicos dos mongois que podemos apreciar na última foto.






Mapamundi, para buscar Mongolia:

 Algunhas iurtas por fóra:



Unha iurta por dentro:

Así son os habitantes de Mongolia:

  • Las imágenes empleadas aquí han sido extraídas por mis alumnos/as de diversas páginas y blogs, en caso de encontrarse alguna de ellas protegida por derechos de autor será eliminada en cuanto me sea comunicado.


Gracias a Candela, a Martín e a Sabela Vázquez e as súas familias por amosarnos estas curiosidades acerca das iurtas.