Páginas

domingo, 23 de diciembre de 2018

Aclarando dúbidas sobre a exposición oral


Como vin que a actividade da exposición oral xeraba bastantes dúbidas, déixovos de novo o esquema que elaboraron os mestres do CEIP San Félix-Candás de Asturias (pinchade sobre a imaxe para vela máis grande), e aclaro os puntos. Por suposto, podedes deixar nos comentarios do blog ou na páxina de Facebook as preguntas que teñades acerca deste modo de traballo que non é moi distinto do que habitualmente facedes nas exposicións por equipos.

1. PREPARA A INTERVENCIÓN: o tema é libre, podes falar de calquera aspecto que vos guste, que vos produza curiosidade, sobre o que controledes un montón e do que poidamos aprender os demais...
2. ELABORADE UN GUIÓN: para iso vos proporcionei a folla pautada. Un exemplo de guión pode ser aquel que vos facilitou Andrea para facer o Power Point do Proxecto de recollida de lixo da praia de Razo. 
Outro exemplo de guión podería ser o seguinte se escolléramos como tema "A cultura mexicana" (sede creativos e buscade un tema diferente, non me copiedes...).
  1. Idiomas empregados en México.
  2. Tradicións relixiosas:
    1. Reis Magos.
    2. A Candelaria.
    3. A Semana Santa.
    4. O Día de Mortos.
    5. Nadal.
  3. Manifestación artísticas:
    1. Pintura.
    2. Escultura.
    3. Arquitectura.
    4. Cine.
    5. Música.
    6. Danza.
    7. Literatura.
    8. Fotografía.
  4. Gastronomía (a súa comida).
  5. Televisión (programas, series...).
3. ENSAIADE EN VOZ ALTA: este punto é fundamental para que a exposición saia todo o ben que queremos. Non se debe ler o traballo, aínda que nos podemos servir do guión.

4. FALADE AMODO E DE MANEIRA CLARA.

5. EMPREGADE OS XESTOS DE MODO AXEITADO: neste punto a fotocopia explica estupendamente o que debedes ter en conta.

6. UTILIZADE MATERIAIS DE APOIO: se queredes empregar un programa moi semellante ao Power Point e non o tedes na casa, podedes descargar de maneira gratuíta e totalmente segura o Paquete Libre Office, un software libre onde atoparedes LibreOffice Impress, no que tamén podedes crear diapositivas.

Aínda que non é obrigatario facelo mediante diapositivas, tamén podedes gardar fotos nun pen para poñer na pizarra dixital, facer un traballo con follas grapadas, un mural, unha maqueta, un lapbook... As posibilidades son infinitas!

7. NON VOS ENROIDES: o mellor é falar con corrección pero coas nosas propias palabras. Será máis fácil que nos presten atención.

8. DESFRUTADE! (para iso o propuxen): Encántame aprender pasándoo ben e sei que a vós tamén.

Non vos quededes con dúbidas, preguntade o que precisedes.
Pasádeo xenial nestas festas!


Vídeo de Escola Vedruna- Ángels