Páginas

domingo, 27 de enero de 2019

As fontes de enerxía e as máquinas

Déixovos aquí un vídeo que resume a información acerca das enerxías renovables e non renovables e outro que explica como funcionan os aeroxeradores ou muíños de vento para que preparedes as vosas preguntas para cando nos visite o experto. 




Tamén algunhas fotos das vosas máquinas simples. Moitas gracias ás familias por involucrarvos tanto! Son unha pasada!






jueves, 17 de enero de 2019

Dicimos adeus á Prehistoria

Que tema máis bonito e como o desfrutamos! Aquí podedes ver fotos do noso traballo.

Material bibliográfico, apoio visual e mostras reais

A nosa cova-entrada á clase. Decorámola empregando pigmentos naturais e ferramentas da época. Tamén levamos a cabo a técnica do negativo de mans, empregando o primeiro aerógrafo de todos.






Mostra dos lapbook que fixestes do Paleolítico, Neolítico e Idade dos Metais e dalgunhas das vosas elaboracións cerámicas.



miércoles, 16 de enero de 2019

As máquinas

MÁQUINAS SIMPLES


POLEA

TORNO

PANCA

PLANO INCLINADO

EXEMPLO DUNHA MÁQUINA COMPOSTA

O meu agradecemento á Web del maestro, ao blog Los Magníficos de la Ciencia, a Grandinauar, ao colexio Quercus e a Emmanuel Cortés.

lunes, 14 de enero de 2019

Diversidade

Déixovos por aquí as vosas aportacións sobre a diversidade e o obradoiro que fixemos no 1º trimestre, ademáis dos vídeos por se vos apetece volver a velos.

Ola, nenos e nenas do colexio. No curso 2018-19, o día 5 de decembro viñeron darnos unha charla aos alumnos de 5º e 4º de Primaria. Pasámolo moi ben. Ao principio vimos unhas imaxes de nenos con algunha discapacidade e falamos deles, despois vimos un vídeo dun neno que se chamaba Diego, era cego e tiña unha profe que o axudaba como a nosa Fina. Despois fixemos un xogo, pintamos un mural, escribimos sen mans e o noso nome en braille e xogamos a un Trivial con preguntas relacionadas co tema.

A diversidade: significa variedade, pluralidade e diferenza. É un substantivo feminino que caracteriza todo o que é diverso, que ten multiplicidade. É a reunión de todo aquilo que presenta múltiples aspectos e que se diferencian entre si. Exemplos de diversidade: cultural, biolóxica, étnica, lingüística, relixiosa...

Este é Guillerme. Gústanlle as matemáticas e as linguas e no recreo queda na clase debuxando. Tamén lle gustan os deportes, o que máis o baloncesto. Xoga co número 27. É moi bo xogador.

O día 5 de decembro viñeron unhas mulleres do Club de Amigos e Amigas da Discapacidade a falar sobre a discapacidade. Puxéronnos un vídeo dunha persoa chamada Diego que era cego pero por ser cego non era distinto. Diego facía o traballo nun colexio normal e corrente. E preguntarédevos: como escribía? Facíao nunha máquina de escribir braille, con puntiños. Despois xogamos ao Trivial, fixemos un debuxo e collimos obxectos cos ollos tapados. Ao final fixéronnos unha enquisa. A min gustoume moito.

A discapacidade pode ser de dous tipos: física e mental. Un exemplo de física é a cegueira e da mental, a dislexia. Mais non debes pensar que non poden facer o mesmo ca nós. Bethoven era xordo e Stephen Hawking tiña esclerosis. Os discapacitados tamén xogan deportes coma o baloncesto e as carreiras de bicis.

Os nenos e nenas somos diversos, hainos cegos, inválidos, que usan muletas... 

O outro día falamos das discapacidades. Tivemos unha charla con xogos de como son as discapacidades e fixemos un mural. Da igual que non teñas pernas, podes correr igual; ou da igual que non teñas mans, podes pintar igual; ou da igual que sexas cego, podes ler e escribir igual. Por exemplo, a miña tía é cega pero cada día que vai a misa pídelle ao cura se pode recitar uns poemas que fai na casa e que estuda.  

A diversidade entende que todos somos diferentes. O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional da Discapacidade. Puxéronnos un vídeo que se titula "Los colores de las flores". Diego é cego e mandáronlle facer  unha redacción con este título. Despois xogamos a uns xogos, fixemos un mural e por último déronnos un carnet.

A diversidade explícanos que hai persoas ás que lles falta unha perna ou un brazo, ou cegas, xordas ou mudas. Existen diferentes linguaxes para esta xente. Pero a esas persoas hai que axudalas porque con axuda si que poden facer as cousas. Todos necesitamos axuda algunha vez.

A diversidade é algo que hai en todas partes. É unha palabra que marda unha diferenza nun grupo, sexa física ou interna. Celébrase o tres de decembro. Eu púxenme no lugar desas persoas facendo diferentes actividades, por exemplo escribir o teu nome sen mans, a proba consistía en atar as túas mans e escribir o teu nome con calquera outra parte do corpo. Tamén me taparon os ollos e metín as mans nunha bolsa, a proba consistía en adiviñar que obxecto colleras. 
Aprendín que as persoas con discapacidade necesitan pequenas axudas para facer o mesmo ca nós.