Páginas

viernes, 29 de mayo de 2020

4º Reto: cantemos BINGO!

Facemos este divertidísimo bingo de lectura? Non fai falta que o imprimades, podedes escribirme nos comentarios cando cantedes liña (pode ser vertical ou horizontal). Haberá alguén capaz de cantar BINGO??




Idea tomada de BigLifeJournal. /Imaxe de StockSnap.

Tarefa de ciencias naturais: as forzas e os seus efectos

Acabamos con este tema tan bonito de ciencias coas forzas e os seus efectos. Deberás traballar do seguinte modo:

1º Le moi atentamente a páxina 72 do teu libro de texto, fixándote moi moi ben no esquema.

2º Ve o seguinte vídeo. Párao ou retrocede se ves que é preciso tomar apuntes.


Vídeo de Elesapiens

3º Cubre o seguinte formulario.



4º Podes facer calquera ou os dous experimentos seguintes que son de carácter voluntario:

EXPERIMENTO 7: Graba un vídeo cos seguintes 6 supostos explicando o que acontece (non teñen porque ser os exemplos que vos suxiro, só son ideas):
Podedes ver o ben que o fixo Xabi!
  • As forzas poden facer que un obxecto parado se poña en movemento (por exemplo: lanzando un avión de papel que está inicialmente parado).

  • As forzas poden facer que un obxecto que xa está en movemento, aumente ou diminúa a súa velocidade (por exemplo: rozando cun papel unha pelota de tenis que está xirando sobre a mesa). 

  • As forzas poden facer que un obxecto que xa está en movemento, cambie a súa dirección (por exemplo: golpear cunha pá (pala) de praia unha pelota que nos lancen).

  • Un material plástico: Cando ao cesar (deter) a forza, o material non recupera a súa forma inicial (por exemplo: deixamos de facer forza sobre un anaco de plastilina, e esta non recupera a súa forma anterior).

  • Un material elástico: Cando ao cesar (deter) a forza, o material  recupera a súa forma inicial (por exemplo: deixamos de facer forza sobre unha goma elástica, observamos como recupera a súa forma anterior).

  • Un material fráxil: Cando ao exercer unha forza, o material rompe (por exemplo: lanzamos unha galleta sobre un plato e observamos como se rompe).


EXPERIMENTO 8: Graba un vídeo levando a cabo e explicando o experimento que vos propón o libro de texto na páxina 73. Vídeos de Xabi e de Mateo R.







Espero que aprendérades moito experimentando.
Deica logo, científic@s!


jueves, 28 de mayo de 2020

Tarefa de ciencias naturais: conductividade térmica, opacidade ou transparencia, impermeabilidade e magnetismo

Hoxe traballaremos sobre algunhas propiedades específicas da materia.

1º Toca ler moi atentamente as páxinas 74, 75 e 80 do teu libro de texto.


2º Cubre o seguinte formulario.





O MAGNETISMO
3º Pincha sobre a imaxe para acceder á información sobre o magnetismo. Le os seguintes apartados:
  • La magia de los imanes.
  • Fuerzas invisibles de la naturaleza.
  • Sobre qué materiales actúa un imán.
  • El campo de fuerza de un imán.
  • La Tierra es un imán gigantesco.
Podes ler todo o post, porque non ten desperdicio. É súper interesante e está moi moi ben explicado. Se te animas a facer algún outro experimento dos que aparecen nesa web, anímate a tomarlle fotos ou facer un vídeo e compartirmos!


https://cuentitisaguda.com/explicar-el-magnetismo-a-los-ninos-con-experimentos-sencillos/

4º Busca 5 obxectos que creas que poidan ser atraídos por un imán. Cubre todo o formulario menos a última pregunta.

5º Comproba se son magnéticos. Se non o son, busca máis obxectos ata dar con 5 que si o sexan. Cubre a última pregunta.




Imaxe de Irene

Imaxe de Mato P

Imaxe de Noa

Imaxe de Saray


Vídeo e foto de Mateo R



miércoles, 27 de mayo de 2020

Tarefa de ciencias naturais: Experimenta coa densidade e a flotabilidade

1º Observa atentamente a páxina 71 do teu libro de texto.

2º Cubre os formularios facendo os experimentos que neles se indican.












Velaquí tedes as fotos dos vosos experimentos:

Variando a forma do corpo para que este flote: 
Irene

Irene


David


David


Saray

Saray


Variando a densidade do líquido para que o corpo flote:

Irene

Irene


Xabi

Xabi



Diego: ovo flotando

Mateo P
Mateo P


Noa


Noa


Álex


Álex



David


David



Saray

Saray





martes, 26 de mayo de 2020

Temas que trataremos na asemblea de mañá

Xa sabedes que mañá temos asemblea, ás 11h, entrando en Jitsi Meet e escribindo: Razomolamazo3

Se non lembrades como entrar, dende o ordenador ou dende o voso teléfono ou tablet, pinchade AQUÍ

Esta vez, na asemblea anterior, xa me axudastes a decidir algúns dos temas a tratar, que serán:
  • Como funciona o meu cerebro cando unha emoción me domina?
  • Coñecemos as nosas mascotas.
  • Agradecementos.

Se podedes, non faltedes! Vémonos mañá!

Tarefa de ciencias naturais: As propiedades específicas da materia. A densidade

PROPIEDADES ESPECÍFICAS DA MATERIA

1º Le atentamente a páxina 70 do teu libro de texto.

2º Só tras ler esta páxina, poderás ver os seguintes vídeos.


QUE É A DENSIDADE?



CALCULAMOS A DENSIDADE




3º Xa podes cubrir o seguinte cuestionario!




4º Pincha na imaxe para saber como facer o teu EXPERIMENTO DE TORRE DE LÍQUIDOS.
Tras facer o experimento, poderás cubrir o cuestionario que hai a continuación. Tamén podes facer chegarme unha foto coa túa torre de líquidos e incluireina neste post do blog.





A torre de líquidos de Irene

A torre de líquidos de Mateo R


A torre de líquidos de Mateo P


A torre de líquidos de Saray



A torre de líquidos de David

lunes, 25 de mayo de 2020

Tarefa de ciencias naturais: Propiedades xerais e específicas da materia

Bo día e feliz semana!
Esta vez traballaremos ciencias naturais a partir de experimentos e seguindo o método científico. Así que imos aprender experimentando! Apetece, non?

Desta vez, no lugar de subirvos toda a tarefa de golpe o luns, irei compartindo cada día un pouco de contido no blog, para que non vos aturulledes coa información. Facede ese pouco cada día e non se vos xuntará todo ao final. Estarán no apartado TAREFAS.

Nesta ocasión, en vez de escribir o traballo nun procesador de textos (Word ou Writer) ou a man na libreta, deberedes encher os formularios que cada día suba ao blog, tras ler e mirar ben a información proposta e tras levar a cabo os experimentos. Preparad@? Comezamos!

PROPIEDADES XERAIS E ESPECÍFICAS DA MATERIA

1º Le con atención as páxinas 68 e 69 do teu libro de texto.
...

2º Seguro que xa liches esas páxinas do libro? Se non o fixeches, léas agora, antes de seguir.
Observa o seguinte esquema e mira os vídeos con atención.


Maestra de Primaria: La materia y sus propiedades. LOMCE, 3º de Primari...
Imaxe do blog rosafernandezsalamancaprimaria.blogspot.com

Vídeo de Happy Learnig


Vídeo de Jhon Fredy Alarcon Ramos



3º Contesta ao primeiro cuestionario.






4º Contesta ao segundo cuestionario,  mentras fas o experimento (se na casa contas cos útiles necesarios) no que deberás averiguar a masa e o volume de, polo menos, 3 obxectos. Precisarás unha báscula e unha xerra medidora. Inclúo un vídeo cun exemplo:




A masa da bóla, por Xabi


viernes, 22 de mayo de 2020

3º Reto: facemos un manual de instruccións?

Bo día! Atréveste co reto desta semana? 
Debes crear unhas instruccións. 
Como? Pois trátase de escribir  unhas instruccións (podes acompañalas dun debuxo). Se te animas, podes incluso facer un vídeo-titorial, coma un auténtico youtuber! 
E de que? Pois velaquí algunhas ideas:
- A auga corrente da casa.
- A electricidade.
- Unha plancha.
- Unha lavadora.
- Un lavalouzas.
- Como coser un botón
- Como lavar as mans correctamente...

abandonado, acero, adentro
Imaxe de Andrea Piacquadio

Pero ti podes mostrarnos como funciona calquera outra máquina da túa casa ou como fas outra actividade que aprenderas nesta corentena.

Estou desexando coñecer as túas instruccións!

Atréveste?

martes, 19 de mayo de 2020

De que imos falar na asemblea de mañá?

Lembrade que mañá temos asemblea, ás 11h, entrando en Jitsi Meet e escribindo: Razomolamazo2

Se non lembrades como entrar, dende o ordenador ou dende o voso teléfono ou tablet, pinchade AQUÍ

Os temas a tratar serán:
  • Que me preocupa? Cal é o meu medo agora?
  • Como imaxino que será o cole cando volvamos?
  • Como me gustaría que fora?
  • Agradecementos.
  • Turno para que vós propoñades outros temas.

Deica mañá!

viernes, 15 de mayo de 2020

2º Reto: eres capaz de acertalos todos?


Ábaco, Cálculo, Salón De Clases, Conde, Contador, Kids
Imaxe de Pixels
Boa tarde! Atréveste con este reto? Mándame a resposta por mail ou por WhatsApp nunha cuadrícula, só co número que corresponda á contestación ou ben copiando os enunciados na libreta. Se os tes todos ben, podes contar cun positivo en mates!


jueves, 14 de mayo de 2020

Ainara: "Oh, la, la, París"

Bo día! Hoxe podedes desfrutar do proxecto que fixo Ainara sobre París, con esa portada e título tan bonitos. Non volo perdades!

martes, 12 de mayo de 2020

Preparemos a asemblea de mañá!

Bo día!
Mañá empezamos coas asEmbleas por vídeo-chamadas. Lembrade: todos os mércores, ás 11h!
Imos empregar a ferramenta Jitsi Meet. 


USAR JITSI MEET DENDE O ORDENADOR
Para acceder dende o ordenador, unicamente debes facer o que indico neste pequeno titorial e listo!





USAR JITSI MEET DENDE O TELÉFONO MÓBIL OU TABLET
Para acceder dende o teléfono móbil ou tablet, debedes descargar a aplicación tal e como vos digo no seguinte titorial:




Os temas a tratar serán:
  • Como funciona Jitsi Meet:
    • Activar a cámara e o audio.
    • Poñer o voso nome.
    • Respectar os turnos e o botón de silenciar.
  • Algo positivo desta cuarentena.
  • Algo que aprendín a facer.
  • Turno para que vós propoñades outros temas.

lunes, 11 de mayo de 2020

Tarefa de lingua galega

Bo día e feliz semana!
Acércase o Día das Letras Galegas... Como ben sabedes é o 17 de maio, polo que este ano, cae este domingo. É por iso que esta semana traballaremos a nosa lingua coas seguintes actividades (son moi curtiñas e tedes unha para cada día sen contar a fin de semana). De todos xeitos, douvos moito máis tempo de entrega, ata o VENRES 22 podedes mandarme esta tarefa:

ACTIVIDADES PARA FACER NA LIBRETA DE LINGUA GALEGA OU COA AXUDA DUN PROCESADOR DE TEXTOS (WORD OU WRITER):

  • Escribir un listado de "Vantaxes desta corentena" (polo menos cinco).
  • Elaborar unha redacción de polo menos media cariña acerca dunha tarefa que aprendín a facer na casa explicando como se desempeña.
  • Facer unha entrevista a un avó/avoa, nai/pai ou veciño/a (pode ser por teléfono) de polo menos 10 preguntas coa temática: "A que xogabas de neno?"
  • Ler a NOTICIA e responder ás preguntas de toda noticia (se non lembrades cales son, podedes buscalas en internet) ou podedes facer un resumo coa información obtida no seguinte vídeo tan chulo:
Obtido na canle de José Manuel López Cabana

PD: Lembrade ter en conta a ortografía e a presentación!

DIFERENTES E DIVERTIDÍSIMOS SCAPE-ROOM PARA XOGAR DENDE O ORDENADOR, TELÉFONO OU TABLET (actividade de carácter voluntario) Foron tomados do blog "O blog de Anabel":

De A fiestra da mestra:

De Alba Carril Casanova do CPI de Vedra:


De Alba Carril Casanova do CPI de Vedra e Ana Sánchez Sanmartín do CEIP Arquitecto Casas Novoa:



De Ms. Saltyteacher:



Desfrutádeos moito!

viernes, 8 de mayo de 2020

David: "Traballo de sociais"

Tedes aquí o proxecto que fixo David sobre o Universo. Desfrutádeo!

Brais: "A Lúa e a Terra"

Velaquí o proxecto de Brais sobre a Lúa e a Terra! Botádelle unha ollada!