Imagen de Kalandraka |
Días atrás traballamos con "Sodes uns porcos" do famoso Anthony Browne, tamén dispoñible en español, catalán, esukera ou portugués. A obra comeza así:
O señor Porcón vivía cos seus fillos Miguel e Antón nunha bonita casa cun bonito xardín e cun bonito coche nun bonito garaxe. Dentro da casa estaba a súa muller.
"Bule co almorzo, muller". Berraba todas as mañás antes de marchar para o seu importantísimo traballo.
"Bule co almorzo, mamá". Berraban Miguel e Antón antes de marcharen para a súa importantísima escola...
Así un día e outro día, ata que a señora Porcón se fartou de que sempre a trataran como unha criada. Cando decide marchar, a súa nota de despedia é demoledora: "Sodes uns porcos!"
Aquí che deixo unha pequena mostra para que poidas ver as súas ilustracións realistas con elementos surrealistas, ilustración nas que Anthony Browne emprega unha interesante metáfora: no momento no que as personaxes descoidan o seu propio aseo e a limpeza da casa convértense en porcos.
Un libro co que falamos sobre as tarefas do fogar que podemos realizar, sobre as responsabilidades de cada quen, a igualdade e o bo clima familiar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario