Páginas

martes, 29 de septiembre de 2015

A Lúa de sangue

Imaxe de La Lagartija
A noite do domingo tivo lugar un eclipse no que a Lúa pareceu tinguirse de sangue. Déixovos aquí algúns datos que recollimos:

- O eclipse lunar é un evento astronómico que sucede cando a Terra se interpón entre o Sol e a Lúa. Para que suceda, os tres corpos, a Terra, a Lúa e o Sol teñen que estar perfectamente aliñados, ou moi cerca de estalo. Só pode ocurrir na fase de Lúa chea.

- A superlúa prodúcese cando a Lúa se atopa nun dos puntos máis cercanos á Terra, o que nos permite apreciala na súa fase máis brillante. Nesta fase pode chegar a verse un 14% máis grande.

- A Lúa veuse vermella porque esta pasa por detrás da sombra da Terra, escurecéndose. A sombra terrestre dispersa a luz azul e verde e deixa pasar a vermella. Durante o eclipse, o satélite pasa por esta sombra, polo que en vez de recibir a luz solar obterá o brillo vermello da nosa atmosfera.

- Veuse practicamente en todo o mundo e en España o fenómeno comezou a ser visible ás 2.12 da madrugada. O punto máximo do evento produciuse sobre as 4.47 e finalizou ás 7.22.

- A coincidencia destes dous fenómenos (a superlúa e a Lúa de sangue) non se producía dende 1982 e verase algo similar en 2033.

- Son bastantes as lendas que naceron a partires deste estraño fenómeno, moi dispersas e pertencentes a culturas moi alonxadas. Destacamos aquela que relaciona a tétrada (os catro eclipses que se produciron o 15 de abril de 2014, o 8 de outubro de 2014, o 4 de abril e este último) coa fin do mundo, teoría que rapidamente desacreditaron os científicos.


TeleSURtv

NASA

AUTORES DESTE POST: Paula, Adrián, Belén, Iñaki, Joaquín, Carmelo, La Lagartija.

2 comentarios: