Páginas

martes, 3 de enero de 2017

Costumes de Nadal: xudeus, Australia, Venezuela e Colombia

Hoxe tráiovos costumes de Nadal dos xudeus e dos continentes australiano e americano:

XUDEUS: Trátase dunha relixión e atópanse espallados polo mundo. Eles non celebran o Nadal senón o "Jánuca", "Festa das Luces" ou "Lucernarias". Nun candelabro van acendendo as 9 candeas, unha cada día para conmemorar a chegada do inverno.


.........................................



Pincha para ver en grande Australia.

AUSTRALIA: Milenia e Emma cóntannos que como alí é verán, os australianos van á praia a ver os fogos e os surfistas disfrázanse de Papá Noel. Ademáis, neste continente, o trineo de Papá Noel é arrastrado por seis canguros brancos.












......................................................


Pincha para ver en grande Venezuela e Colombia


VENEZUELA: Noa Bugallo e Noa Babío explícannos que en Venezuela levan a cabo as "patinatas". A xente sae á rúa, que se atopa pechada ao tráfico, para patinar libremente mentras escoitan música de gaitas e panxoliñas.



COLOMBIA: Pablo cóntanos que os colombianos, en fin de ano, sacan a pasear unha maleta, dan unha volta con ela correndo para ter sorte e atraer viaxes.


Yago, fálanos tamén de Colombia, sobre o "Día das candeíñas" que celebran o 7 de decembro para honrar á Virxe da Inmaculada e conmemorar o inicio das festas de Nadal.










  • Las imágenes empleadas aquí han sido extraídas por mis alumnos/as de diversas páginas y blogs, en caso de encontrarse alguna de ellas protegida por derechos de autor será eliminada en cuanto me sea comunicado.

Gracias a todos vós e as vosas familias por amosarnos estes curiosos costumes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario