Páginas

domingo, 17 de diciembre de 2017

Algo sorprendente pasou no Reino das Sete Torres IV

Era un día normal e corrente no Reino das Sete Torres e un día normal no Castelo dos Soños. Clío tomaba o seu almorzo na cama como sempre. Nada máis empezar, sentíu unha dor fortísima na barriga. E non era de fame! E ela preguntouse: - que era?-. Clío foi correndo a avisar á princesa Noa. 

E despois de conversar e conversar, Noa decidíu chamar ao médico. O médico díxolle que estaba esperando un bebé e nese momento Clío desmaiouse. En canto se recuperou, foi á sala máis silenciosa de todo o castelo. Pasaron máis de 8 meses. Xusto despois, o parto, que se vos preguntabades se sabía que era o bebé, pois non, quería unha sorpresa. E sorpresa tivo! Tivo unha bebé unicornio preciosa.

DESCRIPCIÓN DO BEBÉ

Selene é o bebé unicornio, que vive coa súa mamá no Castelo dos Soños.
O seu corno é de cor gris, o seu pelo é morado con mechas azuis, os seus ollos son verdes, o seu nariz redondo, as súas meixelas rosadas e a súa boca pequena. Sempre levaba posto o seu pañal.

Ao día seguinte todos estaban reunidos xuntos rodeando a porta do castelo mentras que a princesa Clío daba a noticia. E colorín colorado este unicornio quedou calado.
Saray.

jueves, 14 de diciembre de 2017

Maquetas dos órganos dos sentidos

Déixavos as fotos das vosas fantásticas maquetas dos órganos dos sentidos.







Algo sorprendente pasou no Reino dos Sete Torres III

Un día, nunha casa abandonada, escoitáronse uns ruídos. Jank foi mirar pero non atopou nada, só un Opel aparcado xunto a casa. Despois, no garaxe, escoitouse outro ruído, foi ver pero non atopou nada. Logo mirou no galiñeiro e tampouco encontrou nada. Ao final, pediulle axuda a Bob Esponxa e ao seu can. Jank ía ao galiñeiro, Bob Esponxa e o seu can ao garaxe e nada. 
Un día, diante das portas dos habitantes do Reino das Sete Torres, atopouse unha nota que dicía: "Veñan todos os habitantes ao centro social".
Foron alí e estaba unha vampiresa que se chamaba Pepa e que lles explicou que se mudara a unha casa abandonada. Jank, Bob Esponxa e o seu can entenderon que todos os ruídos facíaos Pepa. E...colorín colorado, este conto está acabado.
Diego.

martes, 12 de diciembre de 2017

Algo sorprendente pasou no Reino das Sete Torres II

Había unha vez un reino que tiña sete torres, era sorprendente e máxico. En cada torre vivía un ser máxico. Na primeira vivía un guerreiro que loitaba contra calquera ameaza que se lle presentara por diante. Na segunda, unha princesa que era a máis presumida e coqueta de todos. Na terceira, vivía unha bruxa que lle lanzaba un conxuro a calquera que fose mala persoa con ela. Na cuarta, vivía un rei que só quería a fama e o diñeiro para el. Na quinta, vivía unha raíña que sempre durmía. Na sexta, vivía un mago que axudaba a aquel que o precisase e na séptima vivía un dragón que controlaba todo o que sucedía.
Entre todos estes había unha moi mala relación, xa que non se soportaban os uns aos outros e cada vez que se  cruzaban na rúa empezaban a insultarse, xa que todos querían o poder e chegar a gobernar o mundo.
Pero un día, tremou a Terra, xa que por culpa destes seres fantásticos e polas pelexas que tiñan esto sucedeu. Eles aprenderon a convivir e acabaron por festexar a súa amizade todos os días.
David.

domingo, 10 de diciembre de 2017

Orientándonos co compás e cun plano

Que vos pareceu a actividade de orientación que fixemos o martes?










Algo sorprendente pasou no Reino das Sete Torres I

Estreamos novo proxecto situado no noso Reino das Sete Torres. Esta vez, con historias co título "Algo sorprendente pasou no Reino das Sete Torres", coma esta:

Un día, atopándose María a panadeira colocando todo o que tiña na panadaría e o dragón Manuel facendo o resto do pan, decidiron arrincar cara o castelo do rei David e do seu fillo Jank. Ían de camiño, cando, de súpeto, pincharon unha roda. Entón chamaron a Bob Esponxa que os estivo axudando mentras que María repartía o pan. Por suposto a Bob saíulle o pan gratis...


Irene.

domingo, 3 de diciembre de 2017

Os nosos libros preferidos II

Actualizamos a nosa listaxe!


Unha das entradas máis
fortes no ránking!
1º posto: 
- Os narices do rei (10 puntos).
- O candelabro máxico (10 puntos).
- San Guindín, mensaxeiro (10 puntos).
- La contaminación del aire (10 puntos).
- O pastel dos venres (10 puntos).
- O home que inventou unha maneira de andar (10 puntos).
- Perrerías de un gato (10 puntos).

2º posto:
- Mini en Carnaval (9 puntos).

3º posto:
- El dragón y la mariposa (8 puntos).
- Onde está o nariz de Pinocho? (8 puntos).

4º posto:
- O Chuchameles (7 puntos).
- El secreto de los gemelos (7 puntos).


5º posto:
- Contos para nenos (6 puntos).


6º posto:
- Así viven los animales (5 puntos).


7º posto:
- Maruxa mariñeira (4 puntos).

8º posto:
- Tras, tras, cucutrás (0 puntos).
- Los tres toritos (0 puntos).
- Onde está o arco da vella? (0 puntos).

El Reino de las Siete Torres: el granjero Fran y el dragón Manuel

Ola, me llamo Francisco. Soy muy alto, tengo una naricilla pequeña y una boca grande. Visto ropa vieja. Lo que me gusta hacer es cazar lobos.
Brais.


Manuel es un dragón valiente, muy muy grande. Es verde y le gusta ayudar a los demás y... ¡quemarles el culo a los brujos!
Isaac.