Había unha vez un reino que tiña sete torres, era sorprendente e máxico. En cada torre vivía un ser máxico. Na primeira vivía un guerreiro que loitaba contra calquera ameaza que se lle presentara por diante. Na segunda, unha princesa que era a máis presumida e coqueta de todos. Na terceira, vivía unha bruxa que lle lanzaba un conxuro a calquera que fose mala persoa con ela. Na cuarta, vivía un rei que só quería a fama e o diñeiro para el. Na quinta, vivía unha raíña que sempre durmía. Na sexta, vivía un mago que axudaba a aquel que o precisase e na séptima vivía un dragón que controlaba todo o que sucedía.
Entre todos estes había unha moi mala relación, xa que non se soportaban os uns aos outros e cada vez que se cruzaban na rúa empezaban a insultarse, xa que todos querían o poder e chegar a gobernar o mundo.
Pero un día, tremou a Terra, xa que por culpa destes seres fantásticos e polas pelexas que tiñan esto sucedeu. Eles aprenderon a convivir e acabaron por festexar a súa amizade todos os días.
David.
Os nenos e nenas de 3º estamos probando como poñer os comentarios. Gustounos moito este conto de David!
ResponderEliminar