Páginas

lunes, 19 de febrero de 2018

Algo sorprendente pasou no Reino das Sete Torres VII

O gandeiro foi ao monte co ferreiro no tractor de este. Un foi cazar raposos e outro foi cortar troncos na leira do gandeiro e tamén sacaron patacas. Cando volvían era noite e había unha manada de lobos na casa do ferreiro (e Rex na casa do gandeiro!).
- Pum, pum, pum, pum, pum, pum.
Coa escopeta mataron aos lobos. E de súpeto, raposos!
- Non! Onde? -dixo o ferreiro.
- Pum, pum, pum, pum, pum, pum.
- Xa se acabou -dixo o gandeiro.
- Mellor estabamos na panadaría -dixo o ferreiro. E aló foron.
Brais.

Era un día pola mañá e a princesa Noa ía á panadaría de María mercar un croissant para Clío. De súpeto, tremou o chan:
- Hai un terremoto! -exclamou a princesa.
Foi onda o ferreiro e atopou ao can Rex coa súa armadura. Logo apareceu o ferreiro Bob Esponxa. A princesa díxolle a Bob:
- Está tremendo o chan, imos onda o granxeiro Francisco.
E así foi. Francisco dixo:
- Ola, princesa. Ola, Bob Esponxa. 
Eles contestáronlle:
- Sabes que está tremendo o chan?
- Que dicides? Imos coa vampiresa Pepa. 
Entón reuníronse todos no Castelo dos Soños e Clío fixo unha merenda estupenda. Sen saber o porqué, a terra deixou de tremer e a princesa berrou:
- Viva, viva!
E colorín, colorado este conto está rematado.
Noa.

No hay comentarios:

Publicar un comentario