Páginas

lunes, 16 de marzo de 2020

Facemos un listado con ideas para facer na casa?

Ola de novo! Fixen este listado con 40 cousas para facer nestes días. Para que non se vos ocorra dicir que non hai nada que facer... Axudádesme a completalo con máis ideas en comentarios?

1. Escribir (unha historia, un libro de chistes, un diario...).
2. Practicar a facer esquemas dun tema da nosa interese.
3. Facer figuras de origami ou papiroflexia.
Resultado de imagen de bullet journal español
Nun bullet journal podes incluir o que queiras
4. Coser, bordar ou calcetar.
5. Facer figuras de plastilina.
6. Facer un collage con fotos de revistas vellas.
7. Ler.
8. Bailar unha coreografía dun vídeo de Youtube.
9. Montarnos un karaoke buscando unha canción coa letra (lyrics in English).
10. Aprendernos a letra dunha canción en inglés.
11. Falar cos nosos familiares por teléfono ou videoconferencia.
12. Divertirnos con xogos de mesa.
13. Facer un "bullet journal".
14. Aprender trucos de maxia buscando o tutorial en Youtube.
15. Facer unha cápsula do tempo, que inclúa, ademais de diferentes obxectos, unha carta o voso eu futuro e escondédea nun lugar seguro ou enterrádea no xardín (se tedes).
Exemplo de cápsula do tempo
16. Facer slime.
17. Recoller a nosa habitación e facer unha limpeza a fondo.
18. Facer un calendario con reparto de tarefas do fogar.
19. Cociñar (e se vos queda rico, compartide a receita en comentarios).
20. Facer un cómic.
21. Coidar das plantas e plantar algunha nova semente. 
22. Practicar coa frauta.
23. Debuxar e pintar.
24. Personalizar unha camiseta con pintura para tela, rotuladores, chapas, botóns...
25. Facer un percorrido de obstáculos polo teu cuarto.
Resultado de imagen de jugar con telas niño
Cabañas como esta
26. Montar unha "cabaña" con cadeiras, mesas, un sofá e colchas e mantas.
27. Montar un puzzle.
28. Inventar un poema.
29. Disfrazarse.
30. Facer pulseiras.
31. Crear unha marioneta.
32. Preparar o voso almorzo e o da vosa familia.
33. Facer arte reutilizando refugallos que ían parar ao lixo.
34. Sacar fotografías.
35. Crear un "efecto dominó".
Resultado de imagen de efecto domino
"Efecto dominó"
36. Montar unha tenda.
37. Preparanos un baño con escuma.
38. Facer unha guirnalda para decorar o noso cuarto.
39. Montar unha maqueta.
40. Facer un experimento caseiro.

Imágenes de Cybers on the Storm, Scraperiaaloja, Nación Rex y Veobio.

4 comentarios:

  1. Sudokus, faltaron os sudokus😅

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Tes razón! E non só sudokus, encrucillados, sopas de letras... Quiro, es un alumno? De ser así, por favor, tras o comentario escribe o teu nome, así sabemos quen está comentando.

      Eliminar
  2. Alégrome moito de que che guste! Xa me diredes que números das distintas opcións estades facendo. Por favor, escribide o voso nome tras comentar.

    ResponderEliminar
  3. Álex fixo slime e quedoulle xenial! Os demais levastes a cabo algunha destas ideas? Pensastes noutras?

    ResponderEliminar