Páginas

lunes, 23 de marzo de 2020

Técnicas de estudo: Pomodoro

Bo día! Comezamos a semana con forza e enerxía!
Hoxe tráiovos unha continuación do que estuvimos ata o de agora traballando mediante as fichas adicadas a técnicas de estudo, para que sigades completando este tema tan importante na vosa vida. Fixádevos ben na infografía que vos mostro a continuación (unha infografía consiste na combinación de imaxes moi claras e sinxelas de entender, gráficos e texto coa fin de comunicar dun xeito visual a información que queremos transmitir; algo así como un esquema) e vede tamén o vídeo e contestade en comentarios ás preguntas que vos plantexo. Tamén podedes consultar dúbidas ou dar a vosa opinión.

Infografía de Ramón Aragón


A continuación, un vídeo no que Nisabelt explica a Técnica Pomodoro, técnica que persoalmente empreguei moitísimo no meu estudo.



Moitas gracias a Ramón Aragón e a Nisbelt por estes magníficos recursos.

Estas son as preguntas que debedes responder tras observar detidamente a infografía de ver o vídeo:

1. A que cres que se refire a infografía no apartado 1. LA IMPORTANCIA DEL CONTEXTO? Garda relación con algo do que traballamos nas fichas de Técnicas de Estudo?

2. Que técnica propón a infografía para FRACCIONAR (fraccionar vén de fracción: dividir, repartir) O TEMPO?

3. Cales son os catro verbos que resumen o MÉTODO IDEAL?

4. Como debiamos subliñar?

5. Como debiamos facer esquemas?

6. Coñecías a Técnica do Pomodoro? Que significa a palabra italiana "pomodoro"?

7. En que consiste esta técnica?

8. Tras ver o vídeo, cales cres que son as súas vantaxes?

9. E as súas desventaxas?

10. A min resúltame moi útil a Técnica do Pomodoro, pero tal como di Nisbelt, cada persoa é un mundo, e xa dixemos en clase que non todas as técnicas sirven para todos nin as empregamos do mesmo xeito, Cres que para ti pode resultar útil? Para que a poderías empregar?

11. Na caixiña de información tedes os imprimibles para levara a cabo esta técnica. Vas imprimir ou elaborar pola túa conta os tomates?

12. Tamén na caixiña de información podedes atopar a dirección web do cronómetro TOMATO TIMER. Eu teño no meu móbil a App CLEARFOCUS. Utilizarás algún destes recursos?
  PD: Podedes seleccionar as preguntas, copialas e pegalas en comentarios e despois contestalas ou respondelas poñendo os números, tal e como facedes no Clube de Lectura.

No hay comentarios:

Publicar un comentario