lunes, 16 de marzo de 2020

Estamos na casa, pero xuntos

Bo díaaaaaaaaa con alegría!
Debido ás circunstancias, ímoslle meter "cañita" ao blog. Publicarei a diario dous post: un para facer un clube de lectura sobre "La gran fuga del abuelo" onde comentaremos un par de capítulos (estarán no apartado "La Bibliotija") e outro para falar, aqueles que se animen, sobre algún tema (no apartado "Lagartijas curiosas"). Deste xeito, manterémonos en contacto, de luns a venres, de 9.40 a 14.40. Se tedes dificultades para escribir en comentarios, mandádeme un mail a:
largalenguadelagartija@gmail.com 
ou dicídello ás vosas familias para que me escriban polo grupo de Whatsapp e poder resolvelo. 

Aproveitemos tamén para felicitar o seu cumple a Ainara. Parabéns!! Que saibas que che mando uns "turróns" virtuais de orellas e un montón de bicos!!

2 comentarios: