Mostrando entradas con la etiqueta maravillas naturales. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta maravillas naturales. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de marzo de 2020

Marabillas naturais


Bo día! Hoxe tráiovos unha investigación moi interesante que fixeron aqueles alumn@s cos que estiven fai uns anos e dos que vos falo ás veces. Trátase dunha definición e dun vídeo acerca dunha marabilla natural (si, en galego marabilla escríbese con b). Anímovos a que pinchedes más dúas imaxes que vos levarán aos traballos que fixeron estes rapaces, leades e vexades os vídeos, para despois, contestar ás preguntas. Asimesmo, se alguén se anímase a facer un traballo similar sobre algunha outra marabilla natural sería fantástico e incluiríao no blog para que o puidesen ver os vosos compañeir@s.

Imaxe de Travelzoo

Imaxe de El viajero El País

PREGUNTAS

1. Como definirías unha marabilla natural?

2. Cal das que aparecen no blog che chamou máis a atención? Por que?

3. En que continentes se atopan cada unha delas?

4. Algo que aprendiches.

5. Algo que xa sabías.

6. Algo que che impresionara.

7. Atréveste a investigar sobre outra marabilla natural?

Recordade que hoxe en CLAN, ás 11h tedes clase de educación física e artística. Contade en comentarios que vos pareceron a de mates e a de sociais. Aproveito tamén para animarvos a que vos contestedes entre vós nos comentarios, tal e como facedes na aula, que a comunicación non sexa só comigo. 

jueves, 11 de diciembre de 2014

Máis marabillas naturais!

Continuamos cos traballos das marabillas naturais...

O LAGO VICTORIA


Está en África, rodeado por Uganda, Tanzania e Kenia. Exténdese nunha área duns cerca de 70.000 kilómetros cadrados e no seu punto de maior profundidade acada os 82m. É o segundo lago de auga doce máis grande da Terra e é unha das principais fontes do río Nilo.


Por Brais.


Velaquí unha visión moi alonxada da idílica:


NacionesUnidasVideo



SALTO DO ANXO

O Salto do Anxo é o salto de auga máis alto do mundo, cunha altura de case 1000 m. Atópase no Parque Nacional de Canaima, en Venezuela. 
O nome co que é coñecido débese a hazaña dun aviador estadounidense, Jimmie Angel, que o sobrevoou coa súa avioneta para máis tarde poñerse na súa cima.


Por Herón, Carmelo e Adrián.

New Atlantis WILD


FERVENZAS (CATARATAS) DO IGUAZÚ

As Fervenzas do Iguazú atópanse en Brasil e Arxentina. Ten 275 saltos e presenta un caudal medio entre 1500 e 1746 metros cúbicos por segundo. A maior caída é de 80 m e coñécese como a Gorxa do Diaño. No ano 2013 chegou ao número un millón de visitantes.
Por Iñaki.

TheWorldofTravelES

martes, 9 de diciembre de 2014

Marabillas naturais

Aquí tedes os traballos e os vídeos das marabillas naturais que expuséstedes hoxe:
AURORA BOREAL

A Aurora Boreal é un fenómeno atmosférico que consite en manchas luminosas de varias tonalidades, é producido pola luz solar. Obsérvase polas noites nas rexións polares. É de moitas cores, formas e é moi bonita. Pincha aquí para obter máis información de como se forman e a diferencia entre Aurora Boreal e Aurora Austral.
Por Belén, Paula, Isma e Dani.

Alfa y Omega Perú


CATARATAS DO NIÁGARA

As Cataratas do Niágara son un grupo de cascadas situadas no Río Niágara, na zona oriental de América do Norte, na fronteira entre EEUU e Canadá. Situada a uns 236 m sobre o nivel do mar, a súa caída é de aproximadamente 52 m.
Por Pili, Zaira, Jorge e Nico.

The Miyaworld



GRAN BARREIRA DE CORAL

A Gran Barreira de Coral está situada no Mar do Coral. Descubriuna o capitán James Cook, na súa viaxe, cando encallou no arrecife o 11 de xuño de 1770. Exténdese ao longo duns 2600 km. Foi declarada Patrimonio da Humanidade.
Por Joaquín, Pablo, Samara, Mauro e Ema.


Victoria Vidal