Bo día!
Hoxe explícovos aquí o que vou ter en conta á hora de avaliar o voso proxecto para poñervos a nota de CIENCIAS SOCIAIS. Como podedes ver, a continuación, tedes a rúbrica, que é esa táboa de abaixo pola que vou avaliar cada un dos vosos traballos. Fixádevos que ten 5 apartados, e cada un deles segundo como o fagades de ben, poderedes optar a 2, 1'5, 1 ou 0 puntos (é dicir, un máximo de 10).
Os apartados que terei en conta serán os seguintes:
- REDACCIÓN: O traballo deberá contar con:
- Índice.
- Introdución.
- Desenrolo (a maoir parte do traballo).
- Conclusión.
Deberá estar ben estruturado, ser claro e preciso. Tamén teñen que aparecer todos os apartados que hai no índice.
- EXTENSIÓN: Segundo o longo que sexa levará máis ou menos nota nese apartado.
- CONTIDO: Que estea ben representado o contido, sen que falten cousas nin tampouco "irse polas ramas", contando cousas que non veñen ao caso.
- PRESENTACIÓN: O traballo deberá estar ben presentado e contar con portada.
- CREATIVIDADE: Cantas máis ideas novedosas, chamativas...mellor!
Con todo isto poñerei a nota relativa á asignatura de CIENCIAS SOCIAIS, calquera dúbida deixádema en comentarios e resolveréivola.
PD: Proximamente publicarei no blog que terei en conta para poñervos, nese mesmo proxecto, a nota de LINGUA GALEGA.
No hay comentarios:
Publicar un comentario