Bo día!
Onte amoseivos a rúbrica para poñer a nota de ciencias sociais, hoxe tráiovos a de LINGUA GALEGA. Polo tanto, á hora de poñer á nota relativo a galego terei en conta os seguintes aspectos:
- CONTIDO: se o texto se axusta ben a aquilo que queremos dicir.
- ORGANIZACIÓN: se aparecen ben organizadas as ideas en parágrafos, títulos dos apartados...
- VOCABULARIO E GRAMÁTICA: se non hai castelanismos, se hai riqueza no vocabulario, se empregades correctamente os verbos, adxectivos, pronomes...
- USO DA LINGUAXE: se se comprende ben aquilo que queredes transmitir.
- ORTOGRAFÍA, ACENTUACIÓN E PUNTUACIÓN: isto está ben claro, non?
Calquera dúbida resólvovola en comentarios.
Déixovos un exemplo xenial do bosquexo que fixo Mateo Pena, por se vos sirve de axuda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario