lunes, 3 de abril de 2017

OS ANIMAIS 6

Acabamos co proxecto "Os animais" co cervo, o Coello Toi, o can e o Dálmata.

CERVO
  • Onde vive?: Nas zonas boscosas do Hemisferio Norte.
  • Clasifícase como: Vertebrado: mamífero.
  • Segundo a súa reprodución é: Vivíparo.
  • Segundo a súa alimentación é: Hervíboro (aliméntase de follas, herba, raíces, líquens e musgos).
  • É: Salvaxe.
  • Como se despraza?: A catro patas, camiñando.
  • Como ten cuberto o corpo?: De pelo curto.
  • Outros datos interesantes:
    • Só os machos teñen cornos.
    • Na primavera cáenlle os cornos e vólvenlles medrar pasados uns 50 días.









COELLO TOI
  • Onde vive?: En todo o mundo, agás na Antártida.
  • Clasifícase como: Vertebrado: mamífero.
  • Segundo a súa reprodución é: Vivíparo.
  • Segundo a súa alimentación é: Herbívoro.
  • É: Salvaxe ou doméstico.
  • Como se despraza?: Coas súas 4 patas.
  • Como ten cuberto o corpo?: De pelo fino.
  • Outros datos interesantes:
    • As cordas vogais son moi rudimentarias polo que o coello pode ser considerado un animal mudo.



CAN E DÁLMATA
  • Onde vive?: En todas as partes do mundo, o Dálmata procede de Grecia.
  • Clasifícase como: Vertebrado: mamífero.
  • Segundo a súa reprodución é: Vivíparo.
  • Segundo a súa alimentación é: Carnívoro.
  • É: Doméstico.
  • Como se despraza?: Camiñando.
  • Como ten cuberto o corpo?: De pelo.
  • Outros datos interesantes:
    • Existen case 800 razas diferentes.
    • Os Dálmatas nacen sen manchas, cando cumpren dous meses comezan a saírlles ata que teñen un ano, e a partires de aí as manchas non cambian.



    • Las imágenes y vídeos empleados aquí han sido extraídas por mis alumnos/as de diversas páginas y blogs, en caso de encontrarse alguna de ellas protegida por derechos de autor será eliminada en cuanto me sea comunicado.

    Gracias a Emma, Milenia, Guillermo, Eiker e as vosas familias pola vosa estupenda investigación!

4 comentarios: