jueves, 14 de diciembre de 2017

Algo sorprendente pasou no Reino dos Sete Torres III

Un día, nunha casa abandonada, escoitáronse uns ruídos. Jank foi mirar pero non atopou nada, só un Opel aparcado xunto a casa. Despois, no garaxe, escoitouse outro ruído, foi ver pero non atopou nada. Logo mirou no galiñeiro e tampouco encontrou nada. Ao final, pediulle axuda a Bob Esponxa e ao seu can. Jank ía ao galiñeiro, Bob Esponxa e o seu can ao garaxe e nada. 
Un día, diante das portas dos habitantes do Reino das Sete Torres, atopouse unha nota que dicía: "Veñan todos os habitantes ao centro social".
Foron alí e estaba unha vampiresa que se chamaba Pepa e que lles explicou que se mudara a unha casa abandonada. Jank, Bob Esponxa e o seu can entenderon que todos os ruídos facíaos Pepa. E...colorín colorado, este conto está acabado.
Diego.

1 comentario: