- 3 ovos
- 1 iogur natural
- 3 vasos de fariña*
- 2 vasos de azucre*
- 1/2 vaso de aceite de xirasol*
- 1 mazá
*Os vasos medirémolos co envase do iogur
Primeiro batiremos todos os ingredientes nun bol. Mentres preparamos a masa
prequentaremos o forno a 180ºC. Unha vez mesturado todo, raiaremos unha mazá previamente pelada. Colleremos o molde da nosa preferencia e botarémoslle un pouco de manteiga. Despois, enfariñarémolo e verteremos nel a mestura. Meteremos o biscoito no forno durante 20-25 minutos a 180ºC. Asegurámonos de que está listo pinchándoo cun palillo. O palillo debe saír limpo. BO PROVEITO E ESPERO QUE VOS GUSTE!!!!!
Belén Varela Suárez 6º C