Mostrando entradas con la etiqueta folio giratorio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta folio giratorio. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de enero de 2015

Creando historias: Grenty 3000

Segunda entrega das vosas historias:

GRENTY 3000
Había unha vez un neno que non era moi popular, elixíano dos últimos para xogar, levaba aparello nos dentes, comíanse a súa merenda... Chamábase Grenty 3000 e era feo. Vivía en Minecraft e os seus inimigos non o crían, tomábono por tonto porque era gay. 
Nos tempos nos que a Terra era nova o seu mozo era Jimmie. Levábanse "requeteben". Seus amigos eran Lolo Crolo e Stiven o extraterrestre. Protexíano dos abusóns, que non lles podían vencer porque son moi moi amigos. Encantáballes a torta de limón e chocolate e sermpre se reunían na casa de Lolo Crolo. Despois saían a xogar a unhas actividades que lles gustaban, ao fútbol, ao tenis e ao paddel. Divertíanse moito.

Que opinades desta? Que vos gusta? Que cambiaríades/melloraríades?  Opinade dende o respecto.

lunes, 5 de enero de 2015

Creando historias: O robot estragado

Retomastes forzas? Preparados para os retos que aparecerán ao longo deste novo ano? Mentes abertas para as novas aprendizaxes! Aproveitade ben estes días, logo nos vemos...
Imaxe de "Revista Literaria La Noche de las Letras"

Déixovos aquí aquelas historias que creastes coa técnica do folio xiratorio e tendo en conta un mesmo comezo e unhas personaxes e lugares comúns. Hoxe a primeira entrega. Disfrutade da lectura!



O ROBOT ESTRAGADO
Nos tempos nos que a Terra era nova no país de Minecraft, vivía un neno chamado Jimmy. Jimmy aburríase e por iso foi liderar o País de Nunca Xamais. Alí atopou un extraterrestre chamado Steven, que fora facía 10 anos e non se fixera vello. Entón, co medo, Jimmy volveu a Minecraft e foi explorar o Polo Norte. Alí atopouse cun neno chamado Lolo Crolo e fixéronse amigos por moito tempo. Xuntos viaxaron por todo o mundo e nun país chamado Robotonia atoparon a Grenty 3000, un robot de dezasete anos. 
Foron tomar un café ao Bar Reinols no que Grenty 3000 se estragou porque non podía tomar café. Foron ao seu enterro e despois Jimmy, Steven e Lolo Crolo non se separaron nunca máis ata que morreron.

Gustaríame moito que comentarades as historias que vou ir subindo. Se vos gustan ou non e sobre todo que erros atopades ou que cambiaríades, para melloralas. Todo isto dende a crítica constructiva, sendo moi respetuosos. Todos podemos aprender dos demais!