Novo proxecto no noso blog: "Os animais". Tras buscar a información sobre o animal elixido e encher a ficha cos datos, tocaba facer a exposición para poder aprender uns dos outros. Velaquí info, curiosidades, fotos e vídeos:
CANGURO:
- Onde vive?: En Australia.
- Clasifícase como: Vertebrado: mamífero.
- Segundo a súa reprodución é: Marsupial.
- Segundo a súa alimentación é: Herbívoro.
- É: Salvaxe.
- Como se despraza?: Saltando.
- Como ten cuberto o corpo?: De pelo (cor parda e branca).
- Outros datos interesantes:
- Existen 3 especies de canguros.
- Teñen unha cola moi forte e as súas patas dianteiras son pequenas.
- Son moi rápidos e saltan moito pero non poden facelo hacia atrás.
- As femias teñen unha bolsa para a súa cría.
- Viven entre 11 e 18 anos.
ORNITORRINCO:
- Onde vive?: En Australia.
- Clasifícase como: Vertebrado: mamífero.
- Segundo a súa reprodución é: Ovíparo.
- Segundo a súa alimentación é: Carnívoro.
- É: Salvaxe.
- Como se despraza?: É nadador e en terra anda coma os réptiles.
- Como ten cuberto o corpo?: De abundante pelo.
- Outros datos interesantes:
- É velenoso.
- Sendo mamífero, pon ovos.
- No fuciño ten un sexto sentido.
MORCEGO:
- Onde vive?: En case todas as partes do mundo.
- Clasifícase como: Vertebrado: mamífero.
- Segundo a súa reprodución é: Vivíparo.
- Segundo a súa alimentación é: Omnívoro.
- É: Salvaxe.
- Como se despraza?: Voando.
- Como ten cuberto o corpo?: De pelo.
- Outros datos interesantes:
- É o único mamífero que pode voar.
- Las imágenes y vídeos empleados aquí han sido extraídas por mis alumnos/as de diversas páginas y blogs, en caso de encontrarse alguna de ellas protegida por derechos de autor será eliminada en cuanto me sea comunicado.
Gracias a Duarte, Noa Babío, Noa López, Sabela Brito, Mateo Díez e as vosas familias por amosarnos todo isto!
No hay comentarios:
Publicar un comentario