miércoles, 25 de marzo de 2020

Marabillas naturais


Bo día! Hoxe tráiovos unha investigación moi interesante que fixeron aqueles alumn@s cos que estiven fai uns anos e dos que vos falo ás veces. Trátase dunha definición e dun vídeo acerca dunha marabilla natural (si, en galego marabilla escríbese con b). Anímovos a que pinchedes más dúas imaxes que vos levarán aos traballos que fixeron estes rapaces, leades e vexades os vídeos, para despois, contestar ás preguntas. Asimesmo, se alguén se anímase a facer un traballo similar sobre algunha outra marabilla natural sería fantástico e incluiríao no blog para que o puidesen ver os vosos compañeir@s.

Imaxe de Travelzoo

Imaxe de El viajero El País

PREGUNTAS

1. Como definirías unha marabilla natural?

2. Cal das que aparecen no blog che chamou máis a atención? Por que?

3. En que continentes se atopan cada unha delas?

4. Algo que aprendiches.

5. Algo que xa sabías.

6. Algo que che impresionara.

7. Atréveste a investigar sobre outra marabilla natural?

Recordade que hoxe en CLAN, ás 11h tedes clase de educación física e artística. Contade en comentarios que vos pareceron a de mates e a de sociais. Aproveito tamén para animarvos a que vos contestedes entre vós nos comentarios, tal e como facedes na aula, que a comunicación non sexa só comigo. 

13 comentarios:

  1. holi alba son xabi a imajen de ariba non bai

    ResponderEliminar
  2. 1 regalo de dios
    2 santo angel porque din que hai mutantes
    3 africa e latinoamerica
    4 que as marabillas do mundo non so son munumentos
    5 que hai moita contaminacion
    6 que e ter 9 fillos
    7 si encantariame

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bo día, Alex! Gracias polas túas respostas.
      3. Hai algún outro continente, cal será?
      4. Tamén hai marabillas feitas polos homes, desas falaremos noutro post.
      6. A que te refires co de ter 9 fillos?
      7 Pois anímate e mandasme a información e publicocha aquí no blog!

      Eliminar
    2. 1 oceania
      2 impresioname ter 9 fillos
      3 maña vou investigar sobre arcoiris ou algo asi
      voumo ir pensando
      pensando

      Eliminar
    3. Xenial, Álex! Pon maiúsculas e tildes e tes un traballo de dez!

      Eliminar
  3. MARAVILLAS NATURALISTAS
    1 Un regalo pa nos
    2 El viajero del país
    3 África e latinoamerica
    4 nada
    5 o ecero e que de noite no polo Norte hay unas imágenes de colores vivos e cálidos. Que el viajero del país te uns 230 metros.
    6 que el viajero del país
    7 si claro quen non querría investigar sobre esto. Son un súper regalo do espazo o da mugre da natureza.

    BRAIS

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Bo día, Brais! Agradezo moito as túas respostas.
      Son marabillas naturais, non naturalistas.
      2 e 6. El viajero El País é a web de onde saquei a fotografía. O que hai nela trátase do Salto Anxo, en Venezuela e é espectacular.
      3. Tal e como vos dixen, fáltavos un continente. Busca mellor!
      7. Supoño que querías dicir madre naturaleza. Non me quedou claro se ten animas a investigar sobre algunha outra marabilla natural. De ser así, publicareino no blog!

      Eliminar
  4. 1.Algo creado pola Natureza sin a axuda do home
    2.A Aurora Boreal, polos seus colores tan bonitos e diferentes.
    3.A Aurora Boreal nos Polos, as cataratas de Iguazú do Niágara e o Salto do Anxo en America, o lago Victoria en Africa e o Arrecife de Coral en Oceania.
    4.Que polo calentamiento global o Arrecife de Coral está en peligro de morte
    5.Como se producia a Aurora Boreal
    6.A altura do Salto do Anxo
    7.Eu tamen mirei o río Amazonas en América del Sur

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Que marabilla de traballo! Moi concienzudo! Completaches a resposta dos teus compañeiros á pregunta dos continentes. Noraboa por este gran traballo. Estou desexando ver o teu traballo sobre o Amazonas! Pola hora, supoño que eres Mateo P, equivócome?

      Eliminar
  5. Ola Alva son BRAIS si corregiuno mal e en galicia hay moitas maravillas naturales se o buscas salen videos sobre esto.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Brais, debes corrixir as faltas. Estou moi interesada niso que me dis, fálame dunha desas marabillas naturais que hai en Galicia, por favor, para que poidamos aprender os uns dos outros!

      Eliminar