viernes, 29 de mayo de 2020

Tarefa de ciencias naturais: as forzas e os seus efectos

Acabamos con este tema tan bonito de ciencias coas forzas e os seus efectos. Deberás traballar do seguinte modo:

1º Le moi atentamente a páxina 72 do teu libro de texto, fixándote moi moi ben no esquema.

2º Ve o seguinte vídeo. Párao ou retrocede se ves que é preciso tomar apuntes.


Vídeo de Elesapiens

3º Cubre o seguinte formulario.



4º Podes facer calquera ou os dous experimentos seguintes que son de carácter voluntario:

EXPERIMENTO 7: Graba un vídeo cos seguintes 6 supostos explicando o que acontece (non teñen porque ser os exemplos que vos suxiro, só son ideas):
Podedes ver o ben que o fixo Xabi!
  • As forzas poden facer que un obxecto parado se poña en movemento (por exemplo: lanzando un avión de papel que está inicialmente parado).

  • As forzas poden facer que un obxecto que xa está en movemento, aumente ou diminúa a súa velocidade (por exemplo: rozando cun papel unha pelota de tenis que está xirando sobre a mesa). 

  • As forzas poden facer que un obxecto que xa está en movemento, cambie a súa dirección (por exemplo: golpear cunha pá (pala) de praia unha pelota que nos lancen).

  • Un material plástico: Cando ao cesar (deter) a forza, o material non recupera a súa forma inicial (por exemplo: deixamos de facer forza sobre un anaco de plastilina, e esta non recupera a súa forma anterior).

  • Un material elástico: Cando ao cesar (deter) a forza, o material  recupera a súa forma inicial (por exemplo: deixamos de facer forza sobre unha goma elástica, observamos como recupera a súa forma anterior).

  • Un material fráxil: Cando ao exercer unha forza, o material rompe (por exemplo: lanzamos unha galleta sobre un plato e observamos como se rompe).


EXPERIMENTO 8: Graba un vídeo levando a cabo e explicando o experimento que vos propón o libro de texto na páxina 73. Vídeos de Xabi e de Mateo R.







Espero que aprendérades moito experimentando.
Deica logo, científic@s!


No hay comentarios:

Publicar un comentario