viernes, 8 de mayo de 2020

1º Reto: debuxa o plano da túa casa! Atréveste?


Bo día! Hoxe vouvos propoñer o primeiro dunha serie de reto! Siiiii! Fagamos isto máis interesante... De feito, ata vou facer unha pestana nova como apartado de retos, só para @s máis valentes...
Tal e como propuxen coas FICHAS DE LECTURA, se estes retos están ben feitos, obteredes un positivo na área que corresponda, neste caso sería en matemáticas.
Mujer, Ingeniero, Trabajo, Trabajador, Dama, Planes
Imaxe de GraphicMama-team
1º RETO: Elaborar un plano da túa casa. Para iso precisarás un instrumento de medida determinado e ter en conta a escala (a relación que hai entre a superficie da casa e o que estaś representando no plano). Non quero dar máis pistas porque quero ver moitos planos diferentes...

Os planos serán publicados neste post.
Atréveste?

Mateo Rodríguez si que se atreveu! Ollade o plano da súa casa! Podedes pinchar sobre a foto para vela máis grande.




Noa tamén se animou a facer o seu plano da casa, que está moi clariño. Vedes?




Ollade que chulo o plano de Xabi! Con escala e todo!



O plano de Irene tamén é estupendo. Non vos parece?



No hay comentarios:

Publicar un comentario