miércoles, 22 de abril de 2020

Animémonos a ler!

Imagen de Librostube
Bo día! Estades aproveitando estes días para ler? Eu estou lendo un montón! É unha oportunidade fantástica para facelo e, xa sabedes o importante que é que fagades tanto  lectura en voz alta como silenciosa. Por iso, para motivarvos un pouco e para premiar dalgún xeito a todos aqueles/as que xa o estades facendo, imos facer un trato. Vós mandádesme esta ficha cuberta coa información do libro e, se está suficientemente ben escrita, póñovos un POSITIVO en lingua castelá ou galega (dependendo de en que lingua esté escrito o libro). Imprimides a folla e a cubrides ou, facédela a man na libreta de galego ou castelán, según corresponda. A continuación tomádeslle unha foto e enviádesma. Podedes ir comezando con "La gran fuga del abuelo". Isto non ten data, podedes entregar fichas de lectura ata que acabe o curso, xa sabedes a importancia dos positivos nas notas.
Se tedes dificultades para conseguir libros, facédemo saber e búscovos alternativas online e gratuitas.

PD: Cando precisedes a ficha de lectura, poderedes atopala antes se ides ao apartado do blog "La Bibliotija".

Se a queredes imprimir, pinchade AQUÍ, facedes clic botón dereito, "guardar imagen como" e unha vez gardada, poderédela imprimir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario