lunes, 20 de abril de 2020

Aviso importante: cambio da data límite de entrega do proxecto de Ciencias Sociais

Debido a que moitos de vós estades facendo traballos moi completos e ambiciosos, cambio a data límite de entrega do proxecto de ciencias sociais ao XOVES 30 DE ABRIL. Se por calquera cousa, precisades unha flexibilización na temporalización, poden poñerse as vosas familias en contacto comigo.

Podedes ir mandándome partes do traballo se vos atopades algo perdid@s. Algúns que me están chegando están xenial e eses ireinos subindo para que lles poidades botar unha ollada.

Recordade que baixo as entradas, na parte de abaixo do blog, tedes un calendario coas datas para a entrega de todas as tarefas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario