Como ben sabedes, mañá, ás 11h, temos asemblea, empregando Jitsi Meet e escribindo: Razomolamazo4.
Por favor, lembrade as normas das que falamos o mércores pasado para poder ter unha xuntanza agradable e de proveito.
Estes son os temas que trataremos nesta asemblea e que decidimos na reunión anterior.
- Cousas e accións para levar a cabo cando temos "o cerebro destapado"
- Propostas para os nosos momentos de ocio.
- Agradecementos.
- Turno para que vós propoñades outros temas.
Imaxe de Burst |
Déixovos tamén algunhas das vantaxes que lle atopastes á corentena:
- Ver o ceo cun telescopio.
- Pasar máis tempo co meu can/cadela, gato/gata...
- Aprender acerca de ciencia ambiental.
- Ter máis tempo para xogar.
- Aprender e facer máis tarefas da casa.
- Aprender a cociñar.
- Tomar o sol.
- Botar máis tempo coa miña familia.
- Ver as pelis de Netflix.
- Falar cos meus amig@s por vídeo-chamada.
- Desfrutar moito máis as pequenas saídas.
- Contar con máis tempo libre.
- Non ter que madrugar tanto.
- Poder organizar o meu tempo para facer as tarefas.
- Poder deitarme máis tarde.
- A diminución dos contaxios.
- Xogar a videoxogos.
- A diminución dos danos na atmosfera, e no uso do combustible, o que revirte nun descenso na contaminación.
- Empregar máis tempo o ordenador.
- Coidar da horta.
- Aquelas persoas que viven en edificios, agora coñecen a algúns veciñ@s que viven en fronte deles, tras saír ao balcón/ventá a aplaudir.
- Contar con máis tempo para ler.
No hay comentarios:
Publicar un comentario