martes, 9 de junio de 2020

Preparemos a Asemblea da Festa de Fin de Curso na reunión de mañá!

Bo día! Xa sabedes que mañá toca asemblea, ás 11h, entrando en Jitsi Meet, escribindo Razomolamazo5.
Aproveito para felicitarvos polo ben que cumpristes as normas na reunión anterior e anímovos a que sigades facéndoo así posto que as asembleas son moito máis aproveitables e bonitas deste xeito.

Os temas a tratar nesta reunión son os seguintes:
  • Preparemos a Asemblea 6: "Festa de Fin de Curso":
    • Recordatorio da enquisa.
    • Gala de talentos.
    • Que material imos precisar?
    • Recomendacións de tipo técnico para unha boa conexión.
    • As vosas ideas.
  • Agradecementos.

Planificador, Flatlay, Calendario, Programación
Imaxe de Melinda257

No hay comentarios:

Publicar un comentario