Bo día! Hoxe podedes desfrutar do proxecto que fixo Ainara sobre París, con esa portada e título tan bonitos. Non volo perdades!
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta proxecto. Mostrar todas las entradas
jueves, 14 de mayo de 2020
viernes, 8 de mayo de 2020
miércoles, 6 de mayo de 2020
Noa: "O Universo"
Bo día! Hoxe tráiovos o proxecto que fixo Noa preguntándose por algunhas cuestións acerca do Universo. Para lelas ben, podedes pinchar sobre as imaxes e estas faranse máis grandes. Gústame cando deixades comentarios...non deixedes de facelo! Anima moito!
martes, 5 de mayo de 2020
Saray: "O Sistema Solar"
Velaquí o traballo que fixo Saray sobre o Sistema Solar. Podedes pinchar sobre as fotos para velas máis grandes. Desfrutádeo moito! E non esquezades deixar un comentario se pasades por aquí!
lunes, 4 de mayo de 2020
Mateo Rodríguez: "O noso redor"
Bo día! Velaquí tedes o proxecto de Mateo Rodríguez sobre xeografía, titulado "O noso redor" (se vos van moi rápido as diapositivas podedes pausalas e avanzar manualmente). Desfrutádeo! E lembrade deixar un comentario se pasades por aquí!
jueves, 30 de abril de 2020
Xabi: "Xeografía de costa"
Bo día! Hoxe tráiovos o proxecto de Xabi, que xira en torno ao mar. Como se lle nota que lle ten paixón!
PD: lembrade deixarlles un comentario aos compañeir@s cando vedes os seus traballos. Fai moita ilusión!
miércoles, 29 de abril de 2020
Mateo Pena: "Extremadura, un destino moi interesante"
Bo día! Hoxe tráiovos o traballo que Mateo Pena fixo sobre Extremadura. Non lle falta detalle!
Aproveito, ademais, para mandarelle un "turrón" grande de orellas, unha aperta enorme e unha manchea de bicos a Saray, que hoxe cumpre anos. Parabéns!
martes, 28 de abril de 2020
Álex: "Xeografía divertida"
Ola a tod@s! Irei deixando aquí, no blog, os vosos proxectos de ciencias sociais. Hoxe podedes ver o de Álex, que nos demostra como a xeografía pode resultar divertida.
Os vosos traballos poderedes velos no apartado "Proyectos". Por favor, animádevos a preguntar, abaixo en comentarios, cuestións ao autor/a do proxecto, tal e como facedes en clase. Tamén podedes felicitar polo traballo realizado xa que iso sempre reconforta moito.
Sigamos aprendendo uns dos outros!
jueves, 16 de abril de 2020
Como vou avaliar o proxecto para poñer a nota de lingua galega?
Bo día!
Onte amoseivos a rúbrica para poñer a nota de ciencias sociais, hoxe tráiovos a de LINGUA GALEGA. Polo tanto, á hora de poñer á nota relativo a galego terei en conta os seguintes aspectos:
- CONTIDO: se o texto se axusta ben a aquilo que queremos dicir.
- ORGANIZACIÓN: se aparecen ben organizadas as ideas en parágrafos, títulos dos apartados...
- VOCABULARIO E GRAMÁTICA: se non hai castelanismos, se hai riqueza no vocabulario, se empregades correctamente os verbos, adxectivos, pronomes...
- USO DA LINGUAXE: se se comprende ben aquilo que queredes transmitir.
- ORTOGRAFÍA, ACENTUACIÓN E PUNTUACIÓN: isto está ben claro, non?
Calquera dúbida resólvovola en comentarios.
Déixovos un exemplo xenial do bosquexo que fixo Mateo Pena, por se vos sirve de axuda.
miércoles, 15 de abril de 2020
Como vou avaliar o proxecto para poñer a nota de ciencias sociais?
Bo día!
Hoxe explícovos aquí o que vou ter en conta á hora de avaliar o voso proxecto para poñervos a nota de CIENCIAS SOCIAIS. Como podedes ver, a continuación, tedes a rúbrica, que é esa táboa de abaixo pola que vou avaliar cada un dos vosos traballos. Fixádevos que ten 5 apartados, e cada un deles segundo como o fagades de ben, poderedes optar a 2, 1'5, 1 ou 0 puntos (é dicir, un máximo de 10).
Os apartados que terei en conta serán os seguintes:
- REDACCIÓN: O traballo deberá contar con:
- Índice.
- Introdución.
- Desenrolo (a maoir parte do traballo).
- Conclusión.
Deberá estar ben estruturado, ser claro e preciso. Tamén teñen que aparecer todos os apartados que hai no índice.
- EXTENSIÓN: Segundo o longo que sexa levará máis ou menos nota nese apartado.
- CONTIDO: Que estea ben representado o contido, sen que falten cousas nin tampouco "irse polas ramas", contando cousas que non veñen ao caso.
- PRESENTACIÓN: O traballo deberá estar ben presentado e contar con portada.
- CREATIVIDADE: Cantas máis ideas novedosas, chamativas...mellor!
Con todo isto poñerei a nota relativa á asignatura de CIENCIAS SOCIAIS, calquera dúbida deixádema en comentarios e resolveréivola.
PD: Proximamente publicarei no blog que terei en conta para poñervos, nese mesmo proxecto, a nota de LINGUA GALEGA.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)