Mostrando entradas con la etiqueta rubrica. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rubrica. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de abril de 2020

Como vou avaliar o proxecto para poñer a nota de lingua galega?

Bo día!
Onte amoseivos a rúbrica para poñer a nota de ciencias sociais, hoxe tráiovos a de LINGUA GALEGA. Polo tanto, á hora de poñer á nota relativo a galego terei en conta os seguintes aspectos:

  • CONTIDO: se o texto se axusta ben a aquilo que queremos dicir.
  • ORGANIZACIÓN: se aparecen ben organizadas as ideas en parágrafos, títulos dos apartados...
  • VOCABULARIO E GRAMÁTICA: se non hai castelanismos, se hai riqueza no vocabulario, se empregades correctamente os verbos, adxectivos, pronomes...
  • USO DA LINGUAXE: se se comprende ben aquilo que queredes transmitir.
  • ORTOGRAFÍA, ACENTUACIÓN E PUNTUACIÓN: isto está ben claro, non?
Calquera dúbida resólvovola en comentarios. 




Déixovos un exemplo xenial do bosquexo que fixo Mateo Pena, por se vos sirve de axuda.


miércoles, 15 de abril de 2020

Como vou avaliar o proxecto para poñer a nota de ciencias sociais?

Bo día!
Hoxe explícovos aquí o que vou ter en conta á hora de avaliar o voso proxecto para poñervos a nota de CIENCIAS SOCIAIS. Como podedes ver, a continuación, tedes a rúbrica, que é esa táboa de abaixo pola que vou avaliar cada un dos vosos traballos. Fixádevos que ten 5 apartados, e cada un deles segundo como o fagades de ben, poderedes optar a 2, 1'5, 1 ou 0 puntos (é dicir, un máximo de 10). 
Os apartados que terei en conta serán os seguintes:
  • REDACCIÓN: O traballo deberá contar con:
    • Índice.
    • Introdución.
    • Desenrolo (a maoir parte do traballo).
    • Conclusión.
Deberá estar ben estruturado, ser claro e preciso. Tamén teñen que aparecer todos os apartados que hai no índice.


  • EXTENSIÓN: Segundo o longo que sexa levará máis ou menos nota nese apartado.

  • CONTIDO: Que estea ben representado o contido, sen que falten cousas nin tampouco "irse polas ramas", contando cousas que non veñen ao caso.

  • PRESENTACIÓN: O traballo deberá estar ben presentado e contar con portada.

  • CREATIVIDADE: Cantas máis ideas novedosas, chamativas...mellor!


Con todo isto poñerei a nota relativa á asignatura de CIENCIAS SOCIAIS, calquera dúbida deixádema en comentarios e resolveréivola. 


PD: Proximamente publicarei no blog que terei en conta para poñervos, nese mesmo proxecto, a nota de LINGUA GALEGA.