jueves, 22 de octubre de 2015

Börek: receita turca

Masa :
fariña, leite, levadura, ovos, sal, aceite ou margarina.

Carne :
carne picada, cebola, chilis, pementa e sal.

Mestura :
Mesturar todo para facer a carne.
Meter a masa no  frigorífico durante 2 horas.

Preparación :
Facer un chourizo coa masa, cortar en 4 trozos. Aplastar en forma circular e cortar en 8 trozos en forma de pizza. Meter a carne sobre a masa con forma de pizza, e o enroiamos para que nos quede un delicioso Börek. Metémolos 30 min no forno ata que queden doradiños.



SAMUEL HIDIMOGLU ARES

lunes, 19 de octubre de 2015

COMO ELABORAMOS... UN BISCOITO DE MAZÁ

Para elaborar un biscoito de mazá necesitaremos:
- 3 ovos
- 1 iogur natural
- 3 vasos de fariña*
- 2 vasos de azucre*
- 1/2 vaso de aceite de xirasol*
- 1 mazá

*Os vasos medirémolos co envase do iogur

Primeiro batiremos todos os ingredientes nun bol. Mentres preparamos a masa
prequentaremos o forno a 180ºC. Unha vez mesturado todo, raiaremos unha mazá previamente pelada. Colleremos o molde da nosa preferencia e botarémoslle un pouco de manteiga. Despois, enfariñarémolo e verteremos nel a mestura. Meteremos o biscoito no forno durante 20-25 minutos a 180ºC. Asegurámonos de que está listo pinchándoo cun palillo. O palillo debe saír limpo. BO PROVEITO E ESPERO QUE VOS GUSTE!!!!!


Belén Varela Suárez 6º C

sábado, 17 de octubre de 2015

Funcións vitais dos seres vivos

Que funcións dos seres vivos representan as seguintes imaxes?

REINO ANIMAL:

A

Imaxe de agro-alimetarias.coop


B
bionis
Imaxe de biorigin.net


C

Vídeo de apoks88



REINO VEXETAL:

A
fotosin.gif
Imaxe de veronicamartinez.bligoo.es


B
Imaxe de escuelapedia.com


C
Imaxe de pequeocio.com

martes, 6 de octubre de 2015

Traballo sobre os seres vivos

Traballaremos en equipos contestando nun mural ás seguintes preguntas:
1. Cales son as funcións vitais dos seres vivos? Poñede exemplos do reino animal e do reino vexetal en cada caso.

2. Que é unha célula? Debuxade unha célula animal e unha célula vexetal indicando as súas partes.

3. Respondede a estas cuestións cun esquema: como poden ser os seres vivos segundo o número de células? Como se organizan (niveis)?

4. Que tipos de células hai, que características teñen e cales son as súas funcións? Debuxádeas.

5. Cales son os reinos dos seres vivos? Facede un esquema de cada un deles.


6. Son os virus seres vivos? Xustificade a resposta.

7. Exercicio 38 (páx.20).

8. Exercicio 45 (páx.21).




Buscade a información aquí:
- Libro: páxs.8-19.