miércoles, 14 de septiembre de 2016

Ata sempre!

Ola! Estou de volta! Regresando á rutina, novos alumnos, novos retos. E a iso estou, na busca de material para estas novas lagartixas. Mais todo queda, non puiden evitar botarlle de novo unha ollada a un dos meus libros favoritos, o libro de lendas que fixeron eses rapaces e rapazas cos que compartín moitos momentos en 5º e 6º. Tamén me fixeron outro co que non contaba e que me emocionou moito, pero ese gárdoo para min. Sei que mañá será un día importante para vós, estareime lembrando de todos dende a miña nova aula. 

Esta tarde, quédome entre bruxas, trasnos, a Santa Compaña, o Rachador, a Chorona, o neno oculto, a mosca de San Narcís...

Lembrade que todo o que vos propoñades coa suficiente forza poderedes conseguilo! Desfrutade da vosa idade! Facede da vida algo emocionante!

Quérovos moito,
Alba.