Mostrando entradas con la etiqueta seres vivos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta seres vivos. Mostrar todas las entradas

domingo, 12 de enero de 2020

Os ecosistemas

Desta vez imos organizar o traballo cooperativo dende aquí, a ver que tal nos vai... Déixovos, por tanto, os fantásticos vídeos de La Eduteca (gracias, Óscar Alonso) e tedes na aula á vosa disposición o libro de texto e cantidade de libros de consulta. Tras os vídeos inclúo o que debe aparecer, como mínimo, no voso traballo que podedes presentar no formato que prefirades. Lembrade ser moi claros posto que pasarei unha batería de preguntas aos demais compañeiros/as sobre o que aprenderon co voso traballo.
Sei que o sabedes facer xenial! A por todas!






- 4 esquemas sobre os animais coas plantillas proporcionadas.
- Descripción do tipo de ecosistema elixido, incluindo os seus factores máis salientables.
- Fichas sobre os seres que viven no ecosistema e sobre as características dos animais.
- Exemplificación de cadea trófica.
- A man do home sobre o ecosistema.
- Que pasaría se se extinguise algún dos seres vivos? Que consecuencias tería?
- Calquera outra cuestión que queirades incluir.

jueves, 22 de octubre de 2015

Reinos dos fungos, dos protozoos e das bacterias

Porque nun vídeo vese moito mellor do que estamos a falar no tema dos seres vivos:
REINO DOS FUNGOS
Vídeo de LuzCocina


REINO DOS PROTOZOOS
Vídeo de Gonzalo Muñoz


REINO DAS BACTERIAS
Vídeo de Aaron Itamar Guerrero Galarza



Moitas gracias a todos os que nos facilitaron con estes vídeos a comprensión do que estamos estudando!

sábado, 17 de octubre de 2015

Funcións vitais dos seres vivos

Que funcións dos seres vivos representan as seguintes imaxes?

REINO ANIMAL:

A

Imaxe de agro-alimetarias.coop


B
bionis
Imaxe de biorigin.net


C

Vídeo de apoks88



REINO VEXETAL:

A
fotosin.gif
Imaxe de veronicamartinez.bligoo.es


B
Imaxe de escuelapedia.com


C
Imaxe de pequeocio.com

martes, 6 de octubre de 2015

Traballo sobre os seres vivos

Traballaremos en equipos contestando nun mural ás seguintes preguntas:
1. Cales son as funcións vitais dos seres vivos? Poñede exemplos do reino animal e do reino vexetal en cada caso.

2. Que é unha célula? Debuxade unha célula animal e unha célula vexetal indicando as súas partes.

3. Respondede a estas cuestións cun esquema: como poden ser os seres vivos segundo o número de células? Como se organizan (niveis)?

4. Que tipos de células hai, que características teñen e cales son as súas funcións? Debuxádeas.

5. Cales son os reinos dos seres vivos? Facede un esquema de cada un deles.


6. Son os virus seres vivos? Xustificade a resposta.

7. Exercicio 38 (páx.20).

8. Exercicio 45 (páx.21).




Buscade a información aquí:
- Libro: páxs.8-19.

lunes, 6 de octubre de 2014

Os seres vivos: a célula

Repasemos! As funcións dos seres vivos son: (as 3 r): respiración, reproducción, relación; alimentación ou nutrición e crecemento. A función de relación era coa que manifestamos máis dúbidas, por iso un vídeo clarificador:



Os seres vivos clasifícanse en organismos unicelulares e pluricelulares:

Que sabes da célula? Repasa aquí xogando:

Un clásico: "La vida es así"


Gracias a Begoña Abecia, a Óscar Alonso e ás webs Recursos.crfptic.esPrimaria.librosvivos.net