Hoxe imos traballar dende a aula con esta entrada. Primeiro e antes que nada, buscaredes 10 monumentos emblemáticos de España. Despois, o teu compañeiro/a ou compañeiros/as (isto depende de se estás sentado "de dous" ou "de tres") elixiredes un deses monumentos e, se non está previamente escollido, buscaredes unha foto que subirei neste post e información para contestar nun comentario ás seguintes cuestións:
- Que é?
- Onde está?
- Cando se construíu?
- Medidas.
- Historia.
- Outros datos.
(Estas preguntas irán todo en letra maiúscula e a continuación a resposta nos vosos comentarios que asinaredes co nome dos membros que compoñen o equipo). Engadide a cal destas imaxes corresponde.
1ª Imaxe (de Periodista Digital) |
2ª Imaxe (de Revista Consumer) |
3ªImaxe (de Carmelorivero.es)
|