Unha vez o ferreiro, que vivía no Reino das Sete Torres, foi á cidade a ver á súa tía que resultou que tivera unha filla. A nena aínda non tiña nome así que o ferreiro Bob Esponxa púxolle o nome de Alba.
Dous anos despois a Alba mercáronlle un tobogán e aos dez anos foi ao Reino das Sete Torres, á casa do ferreiro. O ferreiro ensinoulle a usar as espadas para defenderse. Despois foi facer unha visita ao Castelo dos Soños, onde vivía Clío e a princesa Noa e fixéronse moi bos amigos. Logo, voltou á cidade.
Mateo R.