Estos vídeos nos sirven para aprender conceptos de geometría. ¡Aprovechémoslos!
Muchas gracias a Óscar Alonso, a Emprende Rapeando y al Colegio Enrique de Oso, en Zaragoza, por compartir este maravilloso recurso y favorecer así el que más niños y niñas aprendan.
Acabamos con este tema tan bonito de ciencias coas forzas e os seus efectos. Deberás traballar do seguinte modo:
1º Le moi atentamente a páxina 72 do teu libro de texto, fixándote moi moi ben no esquema.
2º Ve o seguinte vídeo. Párao ou retrocede se ves que é preciso tomar apuntes.
Vídeo de Elesapiens
3º Cubre o seguinte formulario.
4º Podes facer calquera ou os dous experimentos seguintes que son de carácter voluntario:
EXPERIMENTO 7: Graba un vídeo cos seguintes 6 supostos explicando o que acontece (non teñen porque ser os exemplos que vos suxiro, só son ideas):
Podedes ver o ben que o fixo Xabi!
As forzas poden facer que un obxecto parado se poña en movemento (por exemplo: lanzando un avión de papel que está inicialmente parado).
As forzas poden facer que un obxecto que xa está en movemento, aumente ou diminúa a súa velocidade (por exemplo: rozando cun papel unha pelota de tenis que está xirando sobre a mesa).
As forzas poden facer que un obxecto que xa está en movemento, cambie a súa dirección (por exemplo: golpear cunha pá (pala) de praia unha pelota que nos lancen).
Un material plástico: Cando ao cesar (deter) a forza, o material non recupera a súa forma inicial (por exemplo: deixamos de facer forza sobre un anaco de plastilina, e esta non recupera a súa forma anterior).
Un material elástico: Cando ao cesar (deter) a forza, o material recupera a súa forma inicial (por exemplo: deixamos de facer forza sobre unha goma elástica, observamos como recupera a súa forma anterior).
Un material fráxil: Cando ao exercer unha forza, o material rompe (por exemplo: lanzamos unha galleta sobre un plato e observamos como se rompe).
EXPERIMENTO 8: Graba un vídeo levando a cabo e explicando o experimento que vos propón o libro de texto na páxina 73. Vídeos de Xabi e de Mateo R.
Bo día! Tal e como vos propuxen onte, hoxe podedes facer un esquema na libreta de ciencias naturais pero, desta vez, sobre "OS ANIMAIS INVERTEBRADOS". Pincha sobre as imaxes para documentarte.
Todas as imaxes son de National Geographic
Este é o esquema que fixo Álex onte, sobre animais vertebrados e invertebrados.
Lembrade que hoxe, en CLAN, tedes clase de lingua castelá e idiomas ás 11h.
Bo día! Hoxe propóñovos que, tras ver os vídeos e a idea que vos plantexo sobre como facer o esquema (o voso pode ser distinto), fagades un na vosa libreta de ciencias naturais sobre "OS ANIMAIS VERTEBRADOS".
VÍDEOS SOBRE COMO CLASIFICAR OS ANIMAIS
Pincha sobre a imaxe dos colibrís e infórmate!
PROPOSTA PARA FACER O ESQUEMA DOS ANIMAIS VERTEBRADOS
Pincha sobre os pingüíns para velo!
VÍDEOS CON INFORMACIÓN SOBRE OS ANIMAIS VERTEBRADOS
Bo día! Hoxe tráiovos unha investigación moi interesante que fixeron aqueles alumn@s cos que estiven fai uns anos e dos que vos falo ás veces. Trátase dunha definición e dun vídeo acerca dunha marabilla natural (si, en galego marabilla escríbese con b). Anímovos a que pinchedes más dúas imaxes que vos levarán aos traballos que fixeron estes rapaces, leades e vexades os vídeos, para despois, contestar ás preguntas. Asimesmo, se alguén se anímase a facer un traballo similar sobre algunha outra marabilla natural sería fantástico e incluiríao no blog para que o puidesen ver os vosos compañeir@s.
Imaxe de Travelzoo
Imaxe de El viajero El País
PREGUNTAS
1. Como definirías unha marabilla natural?
2. Cal das que aparecen no blog che chamou máis a atención? Por que?
3. En que continentes se atopan cada unha delas?
4. Algo que aprendiches.
5. Algo que xa sabías.
6. Algo que che impresionara.
7. Atréveste a investigar sobre outra marabilla natural?
Recordade que hoxe en CLAN, ás 11h tedes clase de educación física e artística. Contade en comentarios que vos pareceron a de mates e a de sociais. Aproveito tamén para animarvos a que vos contestedes entre vós nos comentarios, tal e como facedes na aula, que a comunicación non sexa só comigo.
Hoxe tráiovos unha continuación do que estuvimos ata o de agora traballando mediante as fichas adicadas a técnicas de estudo, para que sigades completando este tema tan importante na vosa vida. Fixádevos ben na infografía que vos mostro a continuación (unha infografía consiste na combinación de imaxes moi claras e sinxelas de entender, gráficos e texto coa fin de comunicar dun xeito visual a información que queremos transmitir; algo así como un esquema) e vede tamén o vídeo e contestade en comentarios ás preguntas que vos plantexo. Tamén podedes consultar dúbidas ou dar a vosa opinión.
Infografía de Ramón Aragón
A continuación, un vídeo no que Nisabelt explica a Técnica Pomodoro, técnica que persoalmente empreguei moitísimo no meu estudo.
Moitas gracias a Ramón Aragón e a Nisbelt por estes magníficos recursos.
Estas son as preguntas que debedes responder tras observar detidamente a infografía de ver o vídeo:
1. A que cres que se refire a infografía no apartado 1. LA IMPORTANCIA DEL CONTEXTO? Garda relación con algo do que traballamos nas fichas de Técnicas de Estudo?
2. Que técnica propón a infografía para FRACCIONAR (fraccionar vén de fracción: dividir, repartir) O TEMPO?
3. Cales son os catro verbos que resumen o MÉTODO IDEAL?
4. Como debiamos subliñar?
5. Como debiamos facer esquemas?
6. Coñecías a Técnica do Pomodoro? Que significa a palabra italiana "pomodoro"?
7. En que consiste esta técnica?
8. Tras ver o vídeo, cales cres que son as súas vantaxes?
9. E as súas desventaxas?
10. A min resúltame moi útil a Técnica do Pomodoro, pero tal como di Nisbelt, cada persoa é un mundo, e xa dixemos en clase que non todas as técnicas sirven para todos nin as empregamos do mesmo xeito, Cres que para ti pode resultar útil? Para que a poderías empregar? 11. Na caixiña de información tedes os imprimibles para levara a cabo esta técnica. Vas imprimir ou elaborar pola túa conta os tomates? 12. Tamén na caixiña de información podedes atopar a dirección web do cronómetro TOMATO TIMER. Eu teño no meu móbil a App CLEARFOCUS. Utilizarás algún destes recursos? PD: Podedes seleccionar as preguntas, copialas e pegalas en comentarios e despois contestalas ou respondelas poñendo os números, tal e como facedes no Clube de Lectura.
Tal e como queriades aqui tedes o vídeo-titorial para facer a máscara de Anubis, ou de raposo... Este Momuscraft é un artista e ten moitas máscaras máis así de chulas. A el doulle as gracias por compartir con nós o seu talento.
Os astronautas andan polo espazo en busca de Marte e da Lúa pero Brais non. Anda en busca de Saturno e Urano. Ten mil cohetes e dez mil naves. Aínda que é español, traballa en USA. Brais e os seus amigos españois Henrique e Xoán e o seu amigo americano Caque son invencibles.