Acabamos con este tema tan bonito de ciencias coas forzas e os seus efectos. Deberás traballar do seguinte modo:
1º Le moi atentamente a páxina 72 do teu libro de texto, fixándote moi moi ben no esquema.
2º Ve o seguinte vídeo. Párao ou retrocede se ves que é preciso tomar apuntes.
Vídeo de Elesapiens
3º Cubre o seguinte formulario.
4º Podes facer calquera ou os dous experimentos seguintes que son de carácter voluntario:
EXPERIMENTO 7: Graba un vídeo cos seguintes 6 supostos explicando o que acontece (non teñen porque ser os exemplos que vos suxiro, só son ideas):
Podedes ver o ben que o fixo Xabi!
- As forzas poden facer que un obxecto parado se poña en movemento (por exemplo: lanzando un avión de papel que está inicialmente parado).
- As forzas poden facer que un obxecto que xa está en movemento, aumente ou diminúa a súa velocidade (por exemplo: rozando cun papel unha pelota de tenis que está xirando sobre a mesa).
- As forzas poden facer que un obxecto que xa está en movemento, cambie a súa dirección (por exemplo: golpear cunha pá (pala) de praia unha pelota que nos lancen).
- Un material plástico: Cando ao cesar (deter) a forza, o material non recupera a súa forma inicial (por exemplo: deixamos de facer forza sobre un anaco de plastilina, e esta non recupera a súa forma anterior).
- Un material elástico: Cando ao cesar (deter) a forza, o material recupera a súa forma inicial (por exemplo: deixamos de facer forza sobre unha goma elástica, observamos como recupera a súa forma anterior).
- Un material fráxil: Cando ao exercer unha forza, o material rompe (por exemplo: lanzamos unha galleta sobre un plato e observamos como se rompe).
EXPERIMENTO 8: Graba un vídeo levando a cabo e explicando o experimento que vos propón o libro de texto na páxina 73. Vídeos de Xabi e de Mateo R.
Espero que aprendérades moito experimentando.
Deica logo, científic@s!
No hay comentarios:
Publicar un comentario