Bo día e feliz semana!
Esta vez traballaremos ciencias naturais a partir de experimentos e seguindo o método científico. Así que imos aprender experimentando! Apetece, non?
Desta vez, no lugar de subirvos toda a tarefa de golpe o luns, irei compartindo cada día un pouco de contido no blog, para que non vos aturulledes coa información. Facede ese pouco cada día e non se vos xuntará todo ao final. Estarán no apartado TAREFAS.
Nesta ocasión, en vez de escribir o traballo nun procesador de textos (Word ou Writer) ou a man na libreta, deberedes encher os formularios que cada día suba ao blog, tras ler e mirar ben a información proposta e tras levar a cabo os experimentos. Preparad@? Comezamos!
PROPIEDADES XERAIS E ESPECÍFICAS DA MATERIA
1º Le con atención as páxinas 68 e 69 do teu libro de texto.
...
Observa o seguinte esquema e mira os vídeos con atención.
Imaxe do blog rosafernandezsalamancaprimaria.blogspot.com |
Vídeo de Happy Learnig
Vídeo de Jhon Fredy Alarcon Ramos
3º Contesta ao primeiro cuestionario.
4º Contesta ao segundo cuestionario, mentras fas o experimento (se na casa contas cos útiles necesarios) no que deberás averiguar a masa e o volume de, polo menos, 3 obxectos. Precisarás unha báscula e unha xerra medidora. Inclúo un vídeo cun exemplo:
A masa da bóla, por Xabi |
happy learming no
ResponderEliminarjajaja, non me puiden resistir. O vídeo está moi ben
Eliminarjajajjaajajjjajajjajajajjajjjjjjjjjjjaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaaajjjjjjjjjjjjjjjjjjjjjjjjjjjjjaaaaaaaaaaajjajajajajajjajajajaajjajajja
Eliminar