martes, 9 de junio de 2020

Preparemos a Asemblea da Festa de Fin de Curso na reunión de mañá!

Bo día! Xa sabedes que mañá toca asemblea, ás 11h, entrando en Jitsi Meet, escribindo Razomolamazo5.
Aproveito para felicitarvos polo ben que cumpristes as normas na reunión anterior e anímovos a que sigades facéndoo así posto que as asembleas son moito máis aproveitables e bonitas deste xeito.

Os temas a tratar nesta reunión son os seguintes:
  • Preparemos a Asemblea 6: "Festa de Fin de Curso":
    • Recordatorio da enquisa.
    • Gala de talentos.
    • Que material imos precisar?
    • Recomendacións de tipo técnico para unha boa conexión.
    • As vosas ideas.
  • Agradecementos.

Planificador, Flatlay, Calendario, Programación
Imaxe de Melinda257

lunes, 8 de junio de 2020

Último repaso de matemáticas

¡Buenos días, chic@s! Terminamos con la tarea con unas últimas 7 hojillas de repaso. Quien lo termine puede ponerse a tope con el BINGO LECTOR. Tenéis hasta el VIERNES 19, aunque estoy segura de que los terminarás antes.
Los ejercicios de matemáticas ya sabéis que podéis imprimirlos y hacerlos o escribirlos en vuestra libreta (en este caso, con poner el número de la página y el ejercicio basta).
SÓLO LAS PÁGINAS 1, 2, 3, 6, 7, 8 y 9.

PD: Aprovecho para recordaros que podéis participar en la ENCUESTA y que agradezco mucho vuestra participación.

viernes, 5 de junio de 2020

Como somos? Como son?

Bo día! Hoxe non vos traio un reto, esta vez propóñovos que cubrades esta táboa. É moi parecida á actividade da "persiana" que xa fixemos outras veces. Se tedes dúbidas acerca do que significan as palabras podedes buscalas no dicionario da RAG e se seguides sen telo demasiado claro, podedes preguntarme nos comentarios. Se participamos todos, sairá moito mellor, veredes o que fago con isto o día da Asemblea "Festa de Fin de Curso"...

Pinchade sobre a foto para cubrir a enquisa: 

Pintura, Colores, Colorido, Cepillo, Acuarela, Agua
Imaxe de Padrinan

Se queredes ver a táboa enteira podedes variar o zoom nos tres puntiño que hai enriba á dereita. Eu véxoa completa nun zoom de 50%.

Moitas gracias pola vosa participación.

miércoles, 3 de junio de 2020

Algunhas das vosas entrevistas

Bo día! Velaquí algunhas das interesantes entrevistas que fixestes aos vosos familiares. Lembrade pinchar sobre a foto para poder lela. Desfrutádeas!

Entrevista de Diego


Mateo R entrevista ao seu pai




David entrevista aos seus avós



Entrevista de Saray



Álex entrevista a súa avoa



Mateo P entrevista a súa nai



Irene entrevista a súa curmá



Xabi entrevista ao seu avó



martes, 2 de junio de 2020

Estes serán os temas da asemblea de mañá e vantaxes que lle atopastes á corentena

Como ben sabedes, mañá, ás 11h, temos asemblea, empregando Jitsi Meet e escribindo: Razomolamazo4.
Por favor, lembrade as normas das que falamos o mércores pasado para poder ter unha xuntanza agradable e de proveito.

Estes son os temas que trataremos nesta asemblea e que decidimos na reunión anterior.
  • Cousas e accións para levar a cabo cando temos "o cerebro destapado"
  • Propostas para os nosos momentos de ocio.
  • Agradecementos.
  • Turno para que vós propoñades outros temas.

adentro, adulto, agua
Imaxe de Burst
Déixovos tamén algunhas das vantaxes que lle atopastes á corentena:
  • Ver o ceo cun telescopio.
  • Pasar máis tempo co meu can/cadela, gato/gata...
  • Aprender acerca de ciencia ambiental.
  • Ter máis tempo para xogar.
  • Aprender e facer máis tarefas da casa.
  • Aprender a cociñar.
  • Tomar o sol.
  • Botar máis tempo coa miña familia.
  • Ver as pelis de Netflix.
  • Falar cos meus amig@s por vídeo-chamada.
  • Desfrutar moito máis as pequenas saídas.
  • Contar con máis tempo libre.
  • Non ter que madrugar tanto.
  • Poder organizar o meu tempo para facer as tarefas.
  • Poder deitarme máis tarde.
  • A diminución dos contaxios.
  • Xogar a videoxogos.
  • A diminución dos danos na atmosfera, e no uso do combustible, o que revirte nun descenso na contaminación.
  • Empregar máis tempo o ordenador.
  • Coidar da horta.
  • Aquelas persoas que viven en edificios, agora coñecen a algúns veciñ@s que viven en fronte deles, tras saír ao balcón/ventá a aplaudir.
  • Contar con máis tempo para ler.

lunes, 1 de junio de 2020

Algunhas das vosas redaccións

Sempre estamos aprendendo! E vós? Que aprendestes nesta corentena? Pinchade sobre as fotos para poder ler as redaccións.

Mateo Pena

David

Saray

Álex


Xabi