Mostrando entradas con la etiqueta disciplina positiva. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta disciplina positiva. Mostrar todas las entradas

viernes, 5 de junio de 2020

Como somos? Como son?

Bo día! Hoxe non vos traio un reto, esta vez propóñovos que cubrades esta táboa. É moi parecida á actividade da "persiana" que xa fixemos outras veces. Se tedes dúbidas acerca do que significan as palabras podedes buscalas no dicionario da RAG e se seguides sen telo demasiado claro, podedes preguntarme nos comentarios. Se participamos todos, sairá moito mellor, veredes o que fago con isto o día da Asemblea "Festa de Fin de Curso"...

Pinchade sobre a foto para cubrir a enquisa: 

Pintura, Colores, Colorido, Cepillo, Acuarela, Agua
Imaxe de Padrinan

Se queredes ver a táboa enteira podedes variar o zoom nos tres puntiño que hai enriba á dereita. Eu véxoa completa nun zoom de 50%.

Moitas gracias pola vosa participación.

martes, 2 de junio de 2020

Estes serán os temas da asemblea de mañá e vantaxes que lle atopastes á corentena

Como ben sabedes, mañá, ás 11h, temos asemblea, empregando Jitsi Meet e escribindo: Razomolamazo4.
Por favor, lembrade as normas das que falamos o mércores pasado para poder ter unha xuntanza agradable e de proveito.

Estes son os temas que trataremos nesta asemblea e que decidimos na reunión anterior.
  • Cousas e accións para levar a cabo cando temos "o cerebro destapado"
  • Propostas para os nosos momentos de ocio.
  • Agradecementos.
  • Turno para que vós propoñades outros temas.

adentro, adulto, agua
Imaxe de Burst
Déixovos tamén algunhas das vantaxes que lle atopastes á corentena:
  • Ver o ceo cun telescopio.
  • Pasar máis tempo co meu can/cadela, gato/gata...
  • Aprender acerca de ciencia ambiental.
  • Ter máis tempo para xogar.
  • Aprender e facer máis tarefas da casa.
  • Aprender a cociñar.
  • Tomar o sol.
  • Botar máis tempo coa miña familia.
  • Ver as pelis de Netflix.
  • Falar cos meus amig@s por vídeo-chamada.
  • Desfrutar moito máis as pequenas saídas.
  • Contar con máis tempo libre.
  • Non ter que madrugar tanto.
  • Poder organizar o meu tempo para facer as tarefas.
  • Poder deitarme máis tarde.
  • A diminución dos contaxios.
  • Xogar a videoxogos.
  • A diminución dos danos na atmosfera, e no uso do combustible, o que revirte nun descenso na contaminación.
  • Empregar máis tempo o ordenador.
  • Coidar da horta.
  • Aquelas persoas que viven en edificios, agora coñecen a algúns veciñ@s que viven en fronte deles, tras saír ao balcón/ventá a aplaudir.
  • Contar con máis tempo para ler.

martes, 26 de mayo de 2020

Temas que trataremos na asemblea de mañá

Xa sabedes que mañá temos asemblea, ás 11h, entrando en Jitsi Meet e escribindo: Razomolamazo3

Se non lembrades como entrar, dende o ordenador ou dende o voso teléfono ou tablet, pinchade AQUÍ

Esta vez, na asemblea anterior, xa me axudastes a decidir algúns dos temas a tratar, que serán:
  • Como funciona o meu cerebro cando unha emoción me domina?
  • Coñecemos as nosas mascotas.
  • Agradecementos.

Se podedes, non faltedes! Vémonos mañá!

martes, 19 de mayo de 2020

De que imos falar na asemblea de mañá?

Lembrade que mañá temos asemblea, ás 11h, entrando en Jitsi Meet e escribindo: Razomolamazo2

Se non lembrades como entrar, dende o ordenador ou dende o voso teléfono ou tablet, pinchade AQUÍ

Os temas a tratar serán:
  • Que me preocupa? Cal é o meu medo agora?
  • Como imaxino que será o cole cando volvamos?
  • Como me gustaría que fora?
  • Agradecementos.
  • Turno para que vós propoñades outros temas.

Deica mañá!