Mostrando entradas con la etiqueta receta. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta receta. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de abril de 2020

Receita de nuggets de polo e queixo de Xabi

INGREDIENTES
  • 250 g de polo picado.
  • 100 g de queixo raiado (nós usamos emmental).
  • Un ovo.
  • Un chisquiño de sal e outro de pementa moída.


PREPARACIÓN:

Mesturamos todos os ingredientes moi ben coas mans.
Toca empanar! Fariña+ovo+pan raiado.


Facemos boliñas, aplastámolas e rebozamos en fariña, logo en ovo e, por último, en pan raiado.


Nós facémolas no forno que son máis saudables, pero tamén se poden fritir.


Xabi, dinos en comentarios a temperatura do forno e o tempo que deben estar. Seguro que están riquísimos!

viernes, 3 de abril de 2020

Receita de pastas de Mateo R

INGREDIENTES:
  • 450 g de fariña.
  • 140 g de azucre.
  • 250 g de manteiga.
  • 2 ovos.


PREPARACIÓN:

Mesturamos a manteiga co azucre.
Engadimos os ovos e mesturamos.
Engadimos pouco a pouco a fariña tamizada.
Amasamos coas mans.
Esa masa unha vez que estea compacta, envolvémola en papel film e deixámola na neveira mínimo unha hora.
Partimos a bola pola metade.
Coa axuda dun rodillo amasamos.
Cos moldes cortamos as pastas.
Metémolas no forno a 170°C, uns 15 minutos, ata que estean douradas.


Mateo R

Seguro que están deliciosas, Mateo!


PD: Para a semana publicarei a receita duns ricos nuggets que preparou Xabi xunto coa súa irmá.
Animádevos a compartir máis receitas para poder facelas estes días caseiros.






viernes, 27 de marzo de 2020

Receitas de Álex

FOLLADO
Bótaslle salsa de tomate á lámina de follado, unha capa de queixo e outra capa de salsa de tomate. Despois dúas capas de xamón cocido. Mentras estás facendo isto, debes ir prequecendo o forno a180°C.
Posteriormente, tapas o follado e cun garfo presionas cara abaixo os poucos para que pareza unha empanada.
Vernízalo con ovo e metes o follado no forno arredor de media hora a 180°C.
Cando estea feito, déixao repousar 10 minutos e xa podes comelo!



EMPANADILLAS
Para poder facer as empanadillas, precisas pasar ovos por auga e pochar cebolas. Para pochar as cebolas tes que fritilas a lume lento durante 20 minutos.
Cando os ovos e as cebolas estean listos, fas unha mestura con eles e con atún e salsa de tomate. 
Despois colles as obleas e bótaslle un pouco desta mestura e despois tápalas co garfo dándolle forma de empanadillas.
A continuación, pos as empanadillas no forno 20 minutos e déixalas repousar 10 minutos.



Lembra que é moi importante lavar previamente as mans!

Álex.

PD: podedes animarvos a mandarme máis receitas e publicareinas no blog. Dicídelle a Álex se vos animastes a facer algunha das súas receitas... Teñen unha pinta estupenda e seguro que está todo riquísimo!

viernes, 20 de abril de 2018

Tarta de manzana

INGREDIENTES:
- cuatro  manzanas  grandes
- cuatro  huevos  
- un  vaso  de harina
- un   vaso  de  azúcar 
- una  manzana entera para  cortar  en  láminas    

PROCEDIMIENTO:

Cogemos un  bol, rompemos los cuatro  huevos y los ponemos.  
Medimos  la  harina, el  azúcar y  la  leche, lo añadimos  al  bol  donde  están los   huevos  y  también  la  levadura.
Pelamos  las  manzanas  y  las  cortamos  en  trazos pequeños y  lo  añadimos  al  resto de  los  ingredientes.
Cogemos  la batidora y  lo  trituramos todo muy bien.
A continuación, untamos un  molde  con mantequilla  y  echamos  dentro toda  la  masa  anterior. Con la  manzana  que  nos  quedaba la cortamos en  láminas finas y  las  colocamos  encima  de  la tarta.
Finamente, con el  horno caliente a ciento ochenta grados, meteremos la tarta durante  treinta  minutos.
Cuando  la  saquemos del horno la cubriremos  con  una fina  capa de  mermelada  de melocotón.

DAVID

miércoles, 18 de abril de 2018

ROSQUILLAS

INGREDIENTES:
3 huevos
8 cucharadas de azúcar
3 cucharadas de anís
8 cucharadas de leche
ralladura de limón
sal
1 sobre de levadura
harina (la que admita)
3 cucharadas de aceite

PREPARACIÓN:

Primero, se mezclan todos los ingredientes y se amasa bien hasta que se suelte de las manos.
Luego, se deja reposar dos horas.
Después, se hacen palitos y se cierran haciendo rosquillas.
A continuación, se fríen con mucho aceite.
Finalmente, se les echa azúcar glass.

Mateo Rodríguez.

lunes, 16 de abril de 2018

RECETA DE ESPAGUETIS


Ingredientes:

Espaguetis
Atún

Preparación:
Primero, se hierve agua en una pota.
Luego, se introducen los espaguetis.
Después, cuando estén hechos, se ponen en una bandeja resistente al horno y se echa el atún y el queso.
A continuación, se enciende el horno a 250 grados y se mete la bandeja.
Finalmente, se saca la bandeja del horno y ya están hechos.

XABI PARDO BRIÓN

Además sabe hacer unas galletas de avena para chuparse los dedos. ¡Mirad qué buena pinta!





sábado, 12 de diciembre de 2015

Madalenas da avoa


Ingredientes das madalenas :
4 vasos de fariña .
1 vaso de aceite de xirasol .
2 vasos de azucre .
4 ovos.
1 sobre de levadura .
A raiadura dun limón .
O zume do limón .



1º : Botamos a fariña , o aceite , o azucre ,os ovos e a levadura, o zume e a raiadura do limón.
2º : Metemos a masa nos moldes .
3ª:  Quentamos o forno a 180º.
4º : Metémolas ao forno uns 10 minutiños e deixamos  arrefiar que se non quéimaste!





Paula.



martes, 24 de noviembre de 2015

Tortas

INGREDIENTES:

250 g de fariña

150 ml de leite

3 ovos


COMO SE FAI A RECEITA:

Collemos un  bol grande, mediano ou pequeno, eu collín o bol pequeno.

Collemos o bol, botamos nel o leite ,despois botamos os ovos, batimos coa batedora. Mentres batimos imos botando fariña ata que quede unha masa líquida e despois fritímolas na tixola.



                                  ESPERO QUE VOS GUSTE!

                                               PILAR JIMÉNEZ CAMACHO 6ºC

martes, 17 de noviembre de 2015

Biscoito da miña avoa

INGREDIENTES:
  • FARIÑA
  •  IOGUR
  •  ACEITE DE XIRASOL
  • UN SOBRE DE LEVADURA
  • AZUCRE
  • 3 OVOS


1. Botamos o azucre.
2. Logo botamos o aceite de xirasol coas xemas, 
3. Un iogur.
4. Botamos a fariña.
5. Un sobre de levadura.
6. Raiamos o limón encima de todo o que xuntamos.
7. Batimos todo ata que non queden grumos.
8. Na outra  parte as claras do ovo as batimos bastante e se queres, para comprobar, podes poñelas enriba da túa cabeza e se non cae e que xa está!
9. Xuntamos todo e o metemos nun molde que poremos no forno a 180º aproximadamente, media hora. Para asegurar metemos un coitelo ou un paíño e se sae ben seco e sen nada é que está feito.
10. Para que quede moi ben botámoslle virutas de chocolate.




Espero que vos guste, como á miña clase.


 BO PROBEITO!

Iñaki Rodríguez Henao

lunes, 2 de noviembre de 2015

BISCOITO: A RECEITA DA MIÑA NAI

INGREDIENTES:
  • catro  ovos
  • un iogur
  • dous vasos de iogur de azucre
  • catro vasos de iogur de fariña
  • un sobre de levadura
  • medio vaso de iogur de aceite
  • raiadura de limón e de laranxa 
  • canela 
  • vainilla.                                                                                                              
ELABORACIÓN:  
  • Bátense os ingredientes coa batidora.
  • Úntase manteiga ou aceite nun bol.
  • Énchese coa mestura.
  • Ponse no forno 30 minutos a 180 graos.

Preparado por Joaquín.

lunes, 26 de octubre de 2015

Rosquillas!

                                                  Ingredientes:
3 Ovos
9 Culleres de azucre
9 Culleres de aceite (as culleres da sopa)
Pela de limón
650 Gramos aproximadamente de fariña

Receita:
1:Poñemos todos os ingredientes no bol excepto a fariña
2:Batímolos
3:Engadimos  a fariña e amasamos
4:Deixamos reposar 30 min.
5:Facemos as rosquillas e fritímolas

     
                                                          "bon appetit"    :) 
                                        
                                                            Adrián            :)

jueves, 22 de octubre de 2015

Börek: receita turca

Masa :
fariña, leite, levadura, ovos, sal, aceite ou margarina.

Carne :
carne picada, cebola, chilis, pementa e sal.

Mestura :
Mesturar todo para facer a carne.
Meter a masa no  frigorífico durante 2 horas.

Preparación :
Facer un chourizo coa masa, cortar en 4 trozos. Aplastar en forma circular e cortar en 8 trozos en forma de pizza. Meter a carne sobre a masa con forma de pizza, e o enroiamos para que nos quede un delicioso Börek. Metémolos 30 min no forno ata que queden doradiños.



SAMUEL HIDIMOGLU ARES