Mostrando entradas con la etiqueta Receita. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Receita. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de abril de 2020

Receita de nuggets de polo e queixo de Xabi

INGREDIENTES
  • 250 g de polo picado.
  • 100 g de queixo raiado (nós usamos emmental).
  • Un ovo.
  • Un chisquiño de sal e outro de pementa moída.


PREPARACIÓN:

Mesturamos todos os ingredientes moi ben coas mans.
Toca empanar! Fariña+ovo+pan raiado.


Facemos boliñas, aplastámolas e rebozamos en fariña, logo en ovo e, por último, en pan raiado.


Nós facémolas no forno que son máis saudables, pero tamén se poden fritir.


Xabi, dinos en comentarios a temperatura do forno e o tempo que deben estar. Seguro que están riquísimos!

viernes, 3 de abril de 2020

Receita de pastas de Mateo R

INGREDIENTES:
  • 450 g de fariña.
  • 140 g de azucre.
  • 250 g de manteiga.
  • 2 ovos.


PREPARACIÓN:

Mesturamos a manteiga co azucre.
Engadimos os ovos e mesturamos.
Engadimos pouco a pouco a fariña tamizada.
Amasamos coas mans.
Esa masa unha vez que estea compacta, envolvémola en papel film e deixámola na neveira mínimo unha hora.
Partimos a bola pola metade.
Coa axuda dun rodillo amasamos.
Cos moldes cortamos as pastas.
Metémolas no forno a 170°C, uns 15 minutos, ata que estean douradas.


Mateo R

Seguro que están deliciosas, Mateo!


PD: Para a semana publicarei a receita duns ricos nuggets que preparou Xabi xunto coa súa irmá.
Animádevos a compartir máis receitas para poder facelas estes días caseiros.






viernes, 27 de marzo de 2020

Receitas de Álex

FOLLADO
Bótaslle salsa de tomate á lámina de follado, unha capa de queixo e outra capa de salsa de tomate. Despois dúas capas de xamón cocido. Mentras estás facendo isto, debes ir prequecendo o forno a180°C.
Posteriormente, tapas o follado e cun garfo presionas cara abaixo os poucos para que pareza unha empanada.
Vernízalo con ovo e metes o follado no forno arredor de media hora a 180°C.
Cando estea feito, déixao repousar 10 minutos e xa podes comelo!



EMPANADILLAS
Para poder facer as empanadillas, precisas pasar ovos por auga e pochar cebolas. Para pochar as cebolas tes que fritilas a lume lento durante 20 minutos.
Cando os ovos e as cebolas estean listos, fas unha mestura con eles e con atún e salsa de tomate. 
Despois colles as obleas e bótaslle un pouco desta mestura e despois tápalas co garfo dándolle forma de empanadillas.
A continuación, pos as empanadillas no forno 20 minutos e déixalas repousar 10 minutos.



Lembra que é moi importante lavar previamente as mans!

Álex.

PD: podedes animarvos a mandarme máis receitas e publicareinas no blog. Dicídelle a Álex se vos animastes a facer algunha das súas receitas... Teñen unha pinta estupenda e seguro que está todo riquísimo!