INGREDIENTES
- 250 g de polo picado.
- 100 g de queixo raiado (nós usamos emmental).
- Un ovo.
- Un chisquiño de sal e outro de pementa moída.
PREPARACIÓN:
Mesturamos todos os ingredientes moi ben coas mans.
Toca empanar! Fariña+ovo+pan raiado.
Facemos boliñas, aplastámolas e rebozamos en fariña, logo en ovo e, por último, en pan raiado.
Nós facémolas no forno que son máis saudables, pero tamén se poden fritir.
Xabi, dinos en comentarios a temperatura do forno e o tempo que deben estar. Seguro que están riquísimos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario