Bo día! Hoxe déixovos por aquí unha idea para alegrar os almorzos. Son as riquísimas magdalenas que tivemos a sorte de probar algunha vez no cole. Pois agora non hai excusa para non facelas. Xa temos a receita!
INGREDIENTES:
- 210 g de fariña.
- 3 ovos
- 130 ml. aceite de girasol
- 60 ml. aceite de oliva
- 60 ml. leite
- 150 g de azucre
- 1 sobre de levadura
- Raiadura de limón
ELABORACIÓN:
Bater os ovos hasta que espumen.
Engadimos o azucre e batemos uns minutos.
A continuación, engadimos o leite, o aceite e a raiadura do limón batendo lentamente.
Tamizamos a fariña e a levadura e mesturámolo co resto.
Enchemos 3/4 partes de cada molde de magdalena cun chisco de azucre por riba.
Metemos no forno xa quentado a 210º durante uns 15 min.
E listas as nosas marabillosas madalenas !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!😋
Mateo P
No hay comentarios:
Publicar un comentario