lunes, 4 de mayo de 2020

Cal é o teu rinconciño de ler?

Eu teño un rinconciño agradable na miña sala, onde me gusta moito sentarme a ler. Ti tamén tes un? Pode ser no teu cuarto ou noutra habitación, ao carón dunha ventá... Se é así, tómalle unha foto, mándama e subireina neste post. Se non, penso que sería unha idea fantástica que creases un lugar moi especial onde ler e nos compartises unha foto. Que viva a creatividade! Que viva a lectura no noso rinconciño!





Este é o rinconciño de Noa! A que apetece ler aí?
















Este é o de Mateo Rodríguez. Verdade que é chulísimo?




Animádevos a mandarme os vosos rinconciños de lectura e compartiréivolos por aquí!

No hay comentarios:

Publicar un comentario