Bo día! Hoxe tráiovos unha investigación moi interesante que fixeron aqueles alumn@s cos que estiven fai uns anos e dos que vos falo ás veces. Trátase dunha definición e dun vídeo acerca dunha marabilla natural (si, en galego marabilla escríbese con b). Anímovos a que pinchedes más dúas imaxes que vos levarán aos traballos que fixeron estes rapaces, leades e vexades os vídeos, para despois, contestar ás preguntas. Asimesmo, se alguén se anímase a facer un traballo similar sobre algunha outra marabilla natural sería fantástico e incluiríao no blog para que o puidesen ver os vosos compañeir@s.
Imaxe de Travelzoo |
Imaxe de El viajero El País |
PREGUNTAS
1. Como definirías unha marabilla natural?
2. Cal das que aparecen no blog che chamou máis a atención? Por que?
3. En que continentes se atopan cada unha delas?
4. Algo que aprendiches.
5. Algo que xa sabías.
6. Algo que che impresionara.
7. Atréveste a investigar sobre outra marabilla natural?
Recordade que hoxe en CLAN, ás 11h tedes clase de educación física e artística. Contade en comentarios que vos pareceron a de mates e a de sociais. Aproveito tamén para animarvos a que vos contestedes entre vós nos comentarios, tal e como facedes na aula, que a comunicación non sexa só comigo.
Arranxado! Mil gracias por avisar, Xabi! Non me dera conta.
ResponderEliminar1 regalo de dios
ResponderEliminar2 santo angel porque din que hai mutantes
3 africa e latinoamerica
4 que as marabillas do mundo non so son munumentos
5 que hai moita contaminacion
6 que e ter 9 fillos
7 si encantariame
Bo día, Alex! Gracias polas túas respostas.
Eliminar3. Hai algún outro continente, cal será?
4. Tamén hai marabillas feitas polos homes, desas falaremos noutro post.
6. A que te refires co de ter 9 fillos?
7 Pois anímate e mandasme a información e publicocha aquí no blog!
1 oceania
Eliminar2 impresioname ter 9 fillos
3 maña vou investigar sobre arcoiris ou algo asi
voumo ir pensando
pensando
Xenial, Álex! Pon maiúsculas e tildes e tes un traballo de dez!
EliminarMARAVILLAS NATURALISTAS
ResponderEliminar1 Un regalo pa nos
2 El viajero del país
3 África e latinoamerica
4 nada
5 o ecero e que de noite no polo Norte hay unas imágenes de colores vivos e cálidos. Que el viajero del país te uns 230 metros.
6 que el viajero del país
7 si claro quen non querría investigar sobre esto. Son un súper regalo do espazo o da mugre da natureza.
BRAIS
Bo día, Brais! Agradezo moito as túas respostas.
EliminarSon marabillas naturais, non naturalistas.
2 e 6. El viajero El País é a web de onde saquei a fotografía. O que hai nela trátase do Salto Anxo, en Venezuela e é espectacular.
3. Tal e como vos dixen, fáltavos un continente. Busca mellor!
7. Supoño que querías dicir madre naturaleza. Non me quedou claro se ten animas a investigar sobre algunha outra marabilla natural. De ser así, publicareino no blog!
1.Algo creado pola Natureza sin a axuda do home
ResponderEliminar2.A Aurora Boreal, polos seus colores tan bonitos e diferentes.
3.A Aurora Boreal nos Polos, as cataratas de Iguazú do Niágara e o Salto do Anxo en America, o lago Victoria en Africa e o Arrecife de Coral en Oceania.
4.Que polo calentamiento global o Arrecife de Coral está en peligro de morte
5.Como se producia a Aurora Boreal
6.A altura do Salto do Anxo
7.Eu tamen mirei o río Amazonas en América del Sur
Que marabilla de traballo! Moi concienzudo! Completaches a resposta dos teus compañeiros á pregunta dos continentes. Noraboa por este gran traballo. Estou desexando ver o teu traballo sobre o Amazonas! Pola hora, supoño que eres Mateo P, equivócome?
EliminarOla Alva son BRAIS si corregiuno mal e en galicia hay moitas maravillas naturales se o buscas salen videos sobre esto.
ResponderEliminarBrais, debes corrixir as faltas. Estou moi interesada niso que me dis, fálame dunha desas marabillas naturais que hai en Galicia, por favor, para que poidamos aprender os uns dos outros!
Eliminar