Bo día de novo!
Hoxe tráiovos algunhas ideas para agasallar a xa sabedes quen polo seu día, que é mañá. Cando volvamos ao cole acabaremos o que tiñamos empezado, mais polo momento, atopei que podedes facer distintas manualidades.
UNHA POSTAL
Na que podedes incluir unha carta ou incluso un poema deses tan guais que facedes.
Superpoñendo dous corazóns, facendo un globo |
UN BOTE PARA GARDAR O QUE QUEIRA
DECORAR ALGO CUN SELO FEITO POR VÓS
UN DEBUXO DIFERENTE
DECORAR UNHA MACETA
PINTAR UNHA BOTELLA
FACER GALLETAS EN FORMA DE DOMINÓ
PINTAR O CARTÓN DOS ROIOS DE PAPEL HIXIÉNICO
PINTAR UNHA OBRA DE ARTE
DECORAR PEDRAS
IMPORTANTE! Na canle de Youtube de Liz, Craftingeek, tedes unha lista de reproducción só para manualidades para o voso pai. Para acceder pinchade AQUÍ.
Recursos tomados de: clipzine, ipinig, boxbucle, frkmayasloft, babyology, familyfun.go, tinyrottenpeanuts, regirivas, cakespacti, cirkus.typeped, lauralee, repinly, freekidscrafts, pretting e craftingeek.
Se a algún de vós se lle ocorre ou atopa algunha idea por internet pode deixala nos comentarios, incluso podedes copiar o enlace para acceder á fotografía ou ao vídeo que atopastes. Por favor, escribide baixo este post se vos animastes a facer algunha destas ideas!
PD: Aproveito para comentarvos que non hai horario para empregar o blog. Lin comentarios de algún de vós apurándose para meter o seu comentario antes das 14.40. No horario de 9.40 a 14.40 responderei a comentarios e publicarei os post, pero vós podedes entrar no blog e comentar no horario que mellor vos conveña.
Xa me dirás se te animaches con algunha destas ideas ou algunha outra que descobriches ti...
ResponderEliminarXenial! Levando a cabo o R de reutilizar!
ResponderEliminar