Bo día!
Hoxe tráiovos información sobre as plantas para que me contedes neste post o que lembrades acerca deste tema e para que me vaiades explicando nos comentarios como evolucionan as vosas plantas, como está o cactus...
Lembrade que tedes un post do 2018 no blog con vídeos acerca do tema. Podedes pinchar AQUÍ para velo.
Déixovos algunhas imaxes para que vaiades recordando e outras sobre consellos para coidar as plantas que tedes na casa. A mimalas moito!
PD: Aproveito para dicirvos que, tras deixar os vosos comentarios escribades o voso nome, todo en maiúsculas, para que saibamos quen é a persoa que está comunicándose.
Fixádevos ben neste exemplo de resumo do tema para que vos sirva de exemplo á hora de poñervos a estudar calquera tema.
FOTOS CON CONSELLOS E IDEAS
O meu agradecemento aos creadores destes fantásticos recursos: escuela en la nube, web del maestro, escuela bloguera, ciencia esfera, actiludis, genial con salud, bloglenteja, cosas del jardín y hábitos mx.
Ola, Xabi. Xa che contestei no mail. Coido que si mirades o número da páxina e seguides a orde non deberiades de ter problema. Mais se persiste o problema, avisádeme e tentarei darvos a orde das fichas doutro modo.
ResponderEliminarHola Alba son BRAIS e digo que as plantas están ben tanto o cactus como as otras.
ResponderEliminarRecordade, ola en galego, sen h. Que tal, Brais? Encántame que me fagades compañía polo blog e alégrome moito de que as túas plantas estean ben. Sempre é unha alegría!
EliminarAlba son Diego e as fichas de lengua lían moito
ResponderEliminarBenvido, Diego! E noraboa pola túa ortografía! Non sei se lían pola orde, de ser así, fíxate no número de páxina e xa o tes😉. Se segues a ter problemas, non dubides en volver a escribirme
EliminarXabi leva a plantación de marabilla! Plantou menta e trasplantou as cenorias que sementastes en clase a un bancal. Xa saíron! Contádeme os demais como vos vai coas vosas plantas, estou intrigada...
ResponderEliminarlisto,moitas grazas
ResponderEliminarDe nada, Mateo. Alégrame moito verte interesado!
Eliminar