Bo día! Hoxe vouvos propoñer o primeiro dunha serie de reto! Siiiii! Fagamos isto máis interesante... De feito, ata vou facer unha pestana nova como apartado de retos, só para @s máis valentes...
Tal e como propuxen coas FICHAS DE LECTURA, se estes retos están ben feitos, obteredes un positivo na área que corresponda, neste caso sería en matemáticas.
 |
| Imaxe de GraphicMama-team |
1º RETO: Elaborar un plano da túa casa. Para iso precisarás un instrumento de medida determinado e ter en conta a escala (a relación que hai entre a superficie da casa e o que estaś representando no plano). Non quero dar máis pistas porque quero ver moitos planos diferentes...
Os planos serán publicados neste post.
Atréveste?
Mateo Rodríguez si que se atreveu! Ollade o plano da súa casa! Podedes pinchar sobre a foto para vela máis grande.
Noa tamén se animou a facer o seu plano da casa, que está moi clariño. Vedes?
Ollade que chulo o plano de Xabi! Con escala e todo!
O plano de Irene tamén é estupendo. Non vos parece?