Mostrando entradas con la etiqueta asamblea. disciplina positiva. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta asamblea. disciplina positiva. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de mayo de 2020

Preparemos a asemblea de mañá!

Bo día!
Mañá empezamos coas asEmbleas por vídeo-chamadas. Lembrade: todos os mércores, ás 11h!
Imos empregar a ferramenta Jitsi Meet. 


USAR JITSI MEET DENDE O ORDENADOR
Para acceder dende o ordenador, unicamente debes facer o que indico neste pequeno titorial e listo!





USAR JITSI MEET DENDE O TELÉFONO MÓBIL OU TABLET
Para acceder dende o teléfono móbil ou tablet, debedes descargar a aplicación tal e como vos digo no seguinte titorial:




Os temas a tratar serán:
  • Como funciona Jitsi Meet:
    • Activar a cámara e o audio.
    • Poñer o voso nome.
    • Respectar os turnos e o botón de silenciar.
  • Algo positivo desta cuarentena.
  • Algo que aprendín a facer.
  • Turno para que vós propoñades outros temas.

jueves, 7 de mayo de 2020

Vémonos todos os mércores, ás 11h!

Ilustración del trabajo en equipo de intercambio de ideas vector gratuito
Imagen de rawpixel.com
Bo día! Antes de nada quero agradecervos a vosa participación na enquisa! Gracias a ela podemos ver que é o que vos vén mellor á maioría. Así que xa temos día e hora para as asambleas que levaremos a cabo mediante vídeo-chamada: os MÉRCORES, ÁS 11h. 


A partir da semana que vén, é dicir, o MÉRCORES 13, verémonos (aqueles/as que poidades) e faremos esas asambleas que tanto vos gustan. Non se trata de reunións para resolver dúbidas das tarefas (iso podedes preguntarmo de maneira individual), falaremos de como nos sentimos e faremos xogos como os que faciamos nas asambleas, no cole. Polo momento, e tal e como dixen, serán todos os mércores, ás 11h. Iremos vendo, e segundo como vaian funcionando, faremos os cambios precisos.

O martes 12 proporcionareivos un vídeo-tutorial para que poidades acceder á reunión, xa veredes que é moi sinxelo. Aqueles que non poidades acceder mediante ordenador, deberedes instalar no voso teléfono Jitsi Meet. Os que tedes ordenador, tédelo aínda máis fácil: douvos un link ao que debedes acceder e o nome da reunión e listo! 

Todos os martes irei informando no blog dos temas que traballaremos nas asambleas o día seguinte. Estou moi ilusionada! E vós?


Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: Que día da semana prefires?. Número de respuestas: .

Gráfico de respuestas de formularios. Título de la pregunta: En que horario prefires?. Número de respuestas: .